Este fin de semana disputouse en Ferrol o campeonato por autonomías no que Galicia obtivo bos resultados. Os sub-18 quedaron terceiros, as mulleres quedamos segundas e os homes primeiros. Este é o seu segundo ano de campeóns por autonomías.
As mulleres como siempre perdemos ante as madrileñas por chosca, pero bueno. Prometo colgar fotos o antes posible, temos unha bastante divertida cos pequerrechiños.
O equipo dos pequeniños estivo basicamente polo Umia. Das mulleres fomos 4 do Umia e dos homes 4 tamén.
Acabouse a tempada e toca reflexionar cara o ano que ven e intentar mellorar todo aquelo que este ano fallou. Este mes de outubro é o mes de descanso e en novembro retomamos entrenamentos, viaxes, frío, etc.
Por certo se queredes ver algunha foto do Umia podedes visitar o blog do club que está aquí na columna do lado.
Estes días Peggi anda liada, e ando eu de encarghadilla das fotos, que conste que xa había moito que non se colgaba nada pois a ghefa perdera a contraseña.
1 comentario:
Noraboa! Un 2º posto é xenial! Xa verás como algunha vez deixades ás madrileñas atrás. Por certo, xa me matriculei por internet, pero o programa é un desastre e non me deixou nin escoller a convocatoria de fin de carreira nin sacar copias da matrícula...Alucina co ben que funciona! Para que logo digan iso de que a USC está coas novas tecnoloxías! Bueno, xa o solucionarei pasando pola UXA.
Publicar un comentario