miércoles, enero 24, 2007

Anuncios

Hoxe brindovos uns anuncios que atopei fisgoneando pola rede:















Eu quedome co de Lux, pensemos que se trata de un conto ó máis puro estilo dos clásicos infantiles (Perrault, Andersen...) pero enfocado para adultos.

Como sei que algúns de vos ( Cris, Bea por exemplo) andades a voltas cos exames deixovos con este vídeo que vos vai axudar a desconectar dos agobios.
Creo que a ti, Mariña tamén che vai gustar.

viernes, enero 19, 2007

Dedicado ás Ritas

Non fan falta comentarios a pé de vídeo, é un pa cada unha, cada unha xa sabe cal é o seu, son cansións que significan moito nas vosas vidas, recordade que non hai tanto...



jueves, enero 18, 2007

Drácula


Hoxe non tiña pensado escribir pero vin esta noticia na páxina de yahoo...
Polo visto véndese o castelo de Vlad Tepes (s XV) o Empalador, máis coñecido literaria e cinematograficamente como Drácula (Bram Stoker). Este castelo foi construido no 1212, que data tan curiosa, por cabaleiros teutónicos e está situado en plena Transilvania.
Non me chegan os cartos pa compralo senón pensábao, son unha pasional do mito ou personaxe do conde, pero bueno non creo que nos levásemos moi ben, non polo do crucifixo senón porque me encantan os allos.
Ademáis de lerme o libro de Stoker


Vin algunha das películas, porque hai tropecientas, estas son algunhas delas con detalles curiosos:


Nosferatu (1922)

Un dos misterios da película é a identidade do seu protagonista, o impactante Max Schreck. A lenda di que foi o propio Murnau (director) quen, disfrazado, actuou como tal. Non hay ningún dato que nos permita decir que fose certo.


Dracula (1931) Interpretada por Bela Lugosi.

Este Drácula acadou o rango de mito, de clásico, o que provocou que hoxe, de forma irreflexiva e por parte de aqueles que non a coñecen ben, sea considerada a versión de referencia e o orixinal do que todas as demáis películas son meras copias sen acadar a súa excelencia. Moitos non están dacordo pois considérana demasiado teatral sobre todo a segunda metade desta, así como un Bela Lugosi demasiado empolvado e engominado, chulito!, perdéndose ese misterio que Bram Stoker lle dou ó personaxe non libro.


Drácula (1931)


The Return of the Vampire (1943)


Drakula Istanbul'da (1953)

A máis famosa das versións "exóticas" de Drácula, por desgracia, una película desaparecida da que non se conservan copias.


Dracula has risen from the grave (1968)


Dous feitos chamativos destacan nesta película: que o sacerdote non sexa nesta ocasión un caza-vampiros senón o servidor do conde e que o protagonista que acabará -temporalmente- co vampiro sexa un ateo descreído.
É precisamente esto último o que provoca unha das escenas máis discutibles: aquela na que Christopher Lee se arranca a estaca que lle atravesou o corazón porque , según se nos dá a entender, o proceso non se levou a cabo ca suficiente fe.

Atopamos tamén a triloxía Karn Stein:


Nosferatu (1979)


Esta é a película que casi todo o mundo coñece, que suscitou gran polémica pois para uns foi unha obra maestra e para outros unha cursilada, un Drácula que mata para vingar á súa amada.


E ata aquí a miña selección, hai moitísimas máis pois este é un tema que nunca pasará de moda, pois é o terror en si mesmo, a personificación da oscuridade á que todos no fondo lle temos medo.

martes, enero 16, 2007

Seca de palabras



Como poderiades observar empecei o ano pouco faladora. Parece que esa famosa ola de calor que afecta a península tamén influe sobre min. Levo uns días que si teño tempo pa escribir pero o que me faltan son as ganas. De todas maneiras intentarei que a seca de ideas non continúe por moito tempo.
Volvendo ó tema da preparación pas opos, teño que destacar que estou aprendendo moito de didáctica, de métodos, enfoques, técnicas... que son de gran utilidade dentro da aula, así como tamén diferente tipo de actividades que se poden desenvolver dentro dela, e como non os materiais máis axeitados, duración de actividades, tipos...
Pero entre todo este cúmulo de información, o noso preparador tamén nos soe ilustrar con aspectos varios. Estas semanas descubrimos que:

- O cantante-músico Moby é neto de Herman Melville ( escritor do tan famoso Moby Dick daí o nome)
- Roald Dahl o tan prolífero escritor ademáis de escribir infinitos libros todos eles alucinantes e variados para nenos entre os que temos: Matilda, Boy, Voando Só, Charlie e a fábrica de chocolate, James e o melocotón xigante, O dedo máxico, etc.

Pois tamén é autor de tachán, tachán:



Pois si os Gremlins




Deixovos con este vídeo de Moby é moi simpático:







lunes, enero 08, 2007

O clima 2007



Xa estou de volta na globosfera, despois das festas. Por fin, non Cris??
Xa te aburrías sin as miñas chorradas. Tranqui que xa che cansarei de ler tanta chorrada.
Regresei á vida diaria, e aquí estou non me vedes, mirando cara o 2007:




Que nos traerá??
De momento frío



Pois eu ando todo o día conxelada, así pillarei a gripe pa empesar ben o ano, o que siempre me pasa cando paso algunhas semanas sen ir ó río ainda que paresa raro.

Pero este sábado xa empesamos outra ves a entrenar, as UMIA GIRLS!!

O ano empesa ben pois como podemos ver na foto Mary e Merce están quentando xuntas.

E os paxariños cantan

E as nuves se levantan


En plan Clint Eastwood resistirei o que o tempo me depare

E xirarei, xirarei e xirarei,

dedícovos unha cansionsilla:





E escribídeme algo que levo moito sen saber de vos!!