martes, enero 16, 2007

Seca de palabras



Como poderiades observar empecei o ano pouco faladora. Parece que esa famosa ola de calor que afecta a península tamén influe sobre min. Levo uns días que si teño tempo pa escribir pero o que me faltan son as ganas. De todas maneiras intentarei que a seca de ideas non continúe por moito tempo.
Volvendo ó tema da preparación pas opos, teño que destacar que estou aprendendo moito de didáctica, de métodos, enfoques, técnicas... que son de gran utilidade dentro da aula, así como tamén diferente tipo de actividades que se poden desenvolver dentro dela, e como non os materiais máis axeitados, duración de actividades, tipos...
Pero entre todo este cúmulo de información, o noso preparador tamén nos soe ilustrar con aspectos varios. Estas semanas descubrimos que:

- O cantante-músico Moby é neto de Herman Melville ( escritor do tan famoso Moby Dick daí o nome)
- Roald Dahl o tan prolífero escritor ademáis de escribir infinitos libros todos eles alucinantes e variados para nenos entre os que temos: Matilda, Boy, Voando Só, Charlie e a fábrica de chocolate, James e o melocotón xigante, O dedo máxico, etc.

Pois tamén é autor de tachán, tachán:



Pois si os Gremlins




Deixovos con este vídeo de Moby é moi simpático:







No hay comentarios: