viernes, marzo 28, 2008

Paper Crafts


Buscando cousiña chulas pos rapases atopei estes simpáticos recortables que ademais van acompañados da plantilla pa faselos, solo tendes que pulsar sobre as fotos. Están xenial pensados! Porque todos levan un puntillo de ironía.

Alghúns como vedes son boísimos como este por exemplo.



O de Bush é un dos millores, non credes??

Pa moitos non van ser novedá pois foron publicados na revista El Jueves.

Seghuro que non piso de Cris se atreven con alghún, seghuro que ca túa capasidá artística das feito alghún ou todos!

O que está claro é que pa os rapases non me van valer, non?

lunes, marzo 24, 2008

"Elas de Laíño son collen o xunco na braña e vano vender a Padrón"



Este sábado desidimos faser unhas cantas fotos na braña. As brañas de Laíño son un dos lugares con máis atractivo do concello de Dodro, paraíso ecolóxico e faunístico bañado polo Ulla.
Xa Rosalía nolas mostraba nos seus cantares:

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.


European Traditional Songs














Esta é unha das que máis me ghusta quedou moi ben, empesaba a chover e o aire tiraba con forsa por eso se dibuxan esas oliñas no río.
Que? A que son unhas vistas chulas. Cando teña tempo vou intentar pintar alghunha delas.

viernes, marzo 14, 2008

Pintando em ovos


A Pascoa pa moit@s é escapada, descanso, entretenemento, festividade relixiosa (misa vai misa ven), a época dos ovos de chocolate, das atraccións, dos padriños e madriñas (pa que che apoquinen), do descanso despois dos exames e antes dos próximos, etc.
Pa cada un/unha supoño que terá un significado moi diferente, e todos son válidos.
Pero pa moitos é unha etapa de aburrimento, de non viaxe, de horas mortas...
Propóñovos actividades variadas. A primeira é p'@s máis creativos.
Non sabedes en que entretervos?? Pois a decorar uns oviños, mirade que marabillas se poden faser. Son super coloristas!!
Que de onde os saquei? Pois da páxina de fotos dunha manitas que fai cantidade de manualidades: Pó de estrelas.








Pero imos deixar o artístico porque sei que moit@s de vós non sodes nada manitas pa estas cousas e pa faser uns churros de ovos, millor que vos dediquedes a estas outras alternativas.
A entrada vai pois :
P'@s que desidistes non ir ver a Pereza á Pascoa de Padrón ou a Uxía mañán no auditorio de Santiago.
P'@s que vos apetese quedar na casa vendo a tele ou naveghando en internet.
P'@s que vos ghustou a entrada do Traghabolas.
P'@s que vos encantan os contos.
P'@s que non tendes ghanas de faser nada e desidistes vir perder o tempo comigho, como soledes faser.
Aquí tendes unhas cantas opsións pa este fin de semana. Espero cubrir un pouco o ghusto de tod@s.
Imos empesar ca rasón que me lovou a faser esta entrada: as ansias de Rita e a petisión tan encaresida dalghun episodio do contacontos.





Tamén vos ofreso a posibilidá de ver un dos episodios de Pumuki.






P´@s que vos van as versións orixinais aquí tendes ós fraggle. Atopeinos en inglés, síntoo Mary, pero veos muller!, que así tamén vas mellorando un pouquiño, e o día de mañán ighual hasta mo aghradeses.







Toda proghramasión ten que ter anunsios pois aquí tendes un anunsio que é millor que non vexades, é unha visión machista do ballet.



Como acabou o proghrama de Sánchez Dragó, hai moit@s que veñen a este blog buscando un pouquiño de espectáculo máis cultural e menos comersial ou de entretenemento, para eses é a seghinte dedicatoria.
Recordades un vídeo que colguei xa hai algún tempos sobre unha representación de ballet ca música de Jamiroquai?, que Cris preguntaba se era dunha peli. Pois atopei a peli en YOuTube aquí a tendes enteiriña!! Poñedevos comod@s, collede unha boa bolsa de jumpers ou de triskis e ala, a vela!
(@s que non vos enterades moito, para apagar a música do blog ide ó final de todo e dádelle ó stop ou pause e así podedes ver a peli sin interferensias acústicas).

CENTER STAGE























lunes, marzo 10, 2008

O TRAGHABOLAS



Que como empesou este flashback?
Pois por unha entrada que publicou Peggi hai xa algunhas semanas relasionada ca Mirinda. Empesei a pensar que eu non me acordaba da Mirinda, non sei se sería porque na nosa casa non entraba, no seu lugar consumíase ghasiosa La Pitusa



Entonses empesei a pensar nas cousas que me acordaban da miña infansia:

Nas preadiñas:

Quen non se acorda dos Pez?



Dos Sugus atemporais?



Dos palotes?




Dos pitillos de chocolate?


Ese si que era tabaco e nada canseríxeno.



Estes máis of Peta Zetas estaban entre as chucherías favoritas que compraba nas festas.



Ah! E as fighuriñas estas cheas de bolas de colores que tanto me chamaban a atensión nos tenderuchos das festas.



Tamén me acordo duns paracaidistas que estuveron moi de moda, Rita máis eu tirábamos desde as ventanas d'arriba e quedábannos enganchados na viña.

As "manos locas" tamén foron a sensasión, estas peghábanse alá onde as lansaras...



Os que marcaron toda unha época foron os xoghos reunidos, unha caixa chea de diversión


E o super Cinexin, a revolusión das novas tecnoloxías



As primeiras maquinitas foron todo un luxo, un luxo de poucos, non como hoxe en día que outra cousa non haberá na casa pero unha play ou unha wi po neno non falta!!

Outro luxo tamén era ter un Scalextric, que che tiña o seu mérito: monta a pista, recolle a pista que estorba, volvea a montar...



Entre as muñecas unha das máis chusquiñas foi a barriguita, por que lle chamaban así , porque a muñeca tiña barrigha, pois ole porque hoxe Bratz teñen máis cabesa que cu!

Creo que Sandra tiña unha , non Rita? Non sei porque pero creo que me acordo de estaremos as 4 no pilón delas porque a barriquita era nadadora e poñíamola alí a faser uns larghos.



Por carnavales comprábamos na de Blanco (na taberna da aldea) unhas caretas destas tal cual, de feito sorprendeume encontralas na rede e que foran tan famosas . Ibamos ó faiado, e con catro trapos e estas supercaretas estábamos list@s pa ir pola aldea.


Dos libros que máis me acordo son dos de Teo que aínda sobreviven nas bibliotecas dos colexios




Pero un libro que tiña na escola e que quedou clavado na miña memoria é este o de Pandora (así é como lle chamaba eu).

E cando un iba de excursión na escola solía volver pá casa un souvenir como este, e que millor cousa pa traer? que todo o que viramos no viaxe así ó cheghar á casa os nosos pais e nais podían ver todo o que nós víramos.



Os chinitos da sorte foron unha moda que pasou moi rápido polas nosas vidas, e que máis tarde se convertirían en chupetes ou algho así...^Pero todos tuvemos un, ou non?



E cheghamos ás series que marcaron a nosa infansia e o resto das nosas vidas!
Como son moitas vou poñer unhas poucas que están entre as miñas favoritas, eso si antes debo mensionar a bola de cristal que foi o fenómeno televisivo máis importante dos oitenta



































Espero que disfrutárades tanto coma min


Pero teño unha duda, non sei como se chamaba unha serie que era dunha especie de extraterrestres que viñan á terra e poñíanse pelucas. Un dato significativo para comer collían unhas pastillas e ó poñelas no plato transformábanse en platos la mar de elaborados. Tiña pinta de ser dalgún país do este.
Quen o sepa por favor que me axude a recordar, a min non me dá a cabesa pa máis e quería baixar a serie no emule.