martes, octubre 28, 2008

Días de ghripe



Como moit@s de vós sabedes estou enferma, levo dous días sin ir traballar. Dous larghos días que me deron pa poñerme ó día en cantidá de cousas, eso si, entre kleenex e kleenex.
Bueno estas son alghunha das cousas que fixen: acabar programacións, acabar uns papeles que teño que entreghar pa un ghrupo de traballo, ver alghunha das pelis que me baixou a mula, cosiñar...
Como vedes na foto hoxe preparei unhas pechughas de polo recheas de queixo semicurado e champiñóns. Que como as fixen? Collede papel e lapis:
primeiro preparei na sartén os champiñóns (laminados) con cebola un pouco de aceite, sal e un chorro dun líquido indonesio que me enviou miña nai (de Holanda) que sabe como dulse, é este da foto:
Despois fixen uns rolos cas pechughas fileteadas, metinlles unha loncha de queixo (semicurado cabuxa, ovella e vaca) e ensima os champiñóns, unha ves que estuveron un pouco fríos.
Finalmente, pa pechalas, metinlle uns palillos que lle imos quitar ó acabar de fretir.
Despois empanamos as pechughas con ovo e pan raiado, fretimos e listo.
Con que acompañalas? Pois co que queirades arrós, patacas fritas...

Onte pola tarde vin esta peli que está moi ben, e si vos recomendo, porque non vos vai faser sentir mal, é máis vaivos axudar a non vos sentir tan raros ós que vos encantan os peluches, muñecas, etc. , a aqueles que lle tendes cariño a unha simple cousa de tela ou de plástico, e xa tendes unha edá. (pensade hai moitos e viven entre nós , pelusín, o carateca...).

Aquí tendes de que vai , titúlase Lars and the real girl:



Bueno esto foi un pequeno resumen dos meus dous días entre pastillas e xarabe.

7 comentarios:

Ri dijo...

pois non soa mal o programa de gripe:cocinita, peli,un pouco de kleanex...por certo estou preparando unha super entrada no meu blog sobre a vida do carateca, alias chukinorris, en lugo (sei que tes ganas de volver a velo)...coidate e ánimo mocosa!

CRISSS dijo...

Como cundian os dias de gripe sen ter que ir á escola tirada no salon todo o día...
Xa vexo que estás moi cocinitas, x certo esta é a miña receta das tortitas/pancakes pa que probes o sirope de maple (xa ves que son bilingüe de todo):
(Ri, toma nota)

INGREDIENTES:
1 ovo, 1/2 cullerada de azucre, 1/2 vaso de leite, 1 vaso de fariña, 1/2 cullerada pequena de levadura, 1/2 cullerada de aceite de oliva e unha pizca de sal.

PASO 1: Batir ovos + azucre + leite + aceite.
PASO 2: Misturar fariña + levadura + sal.
PASO 3: Misturar.
PASO 4: Facelas (se tendes dúbidas neste paso só tes que ver calquer teleserie americana).

Martina Bugallo dijo...

Teño que intentalo, pero como non sea na próxima ghripe, vexoo ghorobado, pois con todas as cousas que teño pa faser toleo.
Bueno, ighual probo nun fin de semana.
Xa che direi que tal

Moncho dijo...

Pelusín é con maiúscula, que é nome propio!

Renano dijo...

Pois terei que probar a receita, tenme moi boa pinta...ummm bicos

Martina Bugallo dijo...

Ola Yahoo, xa había que non sabiamos de ti, onde andas? Aínda en Alemania?

maruxa dijo...

eu vin esa peli Mar!!! e sin ter jripe.... ayyyyyyyy quen me dera un resfriado deses...
a reseta ten boa pinta, porque eu estou ata o jorro de cosiñar xudías con chouriso, ensaladas exóticas e brécol en todas as súas versións!