lunes, noviembre 10, 2008

Que en que ando estes días?


Como xa vos comentara a alghunhas ando a voltas cos blogs de aula, que si colgha uns exercicios por aquí, uns traballos dos alumnos por alá... E así se me van os días.
Eso si, este fin de semana asistín ó congreso do CLIL ou AICLE(a quen lle interese saber de que vai que busque un pouquiño na rede, a modo de resumen: ten que ver con materias que se imparten en lingua estranxeira, por exemplo coñe en inglés...).
Estas conferencias foron realmente interesantes, descubrín que Isabel Pérez (que ten unha páxina de materiais en inglés moi completa en internet) era tal e como eu a imaxinaba: dinámica, emprendedora e innovadora. (sona un pouco pelotilla non?).
Bueno, pois gracias a estas xornadas empesei a diseñar a miña propia wiki, o que non é moi difísil. Eso si nesesitarei tempo para mellorala de momento colghei catro cousas pa probar, podedes visitala aqui:
http://martinabugallo.wikispaces.com/

Se vos apetese mirar un pouco os blogs de aula téndelos aquí, no de coñecemento son os nenos os que soen facer os resumos do que aprendemos e eu encárghome de irlles colgando actividades que facemos co encerado dixital.

Coñecemento
Inglés 3º
Inglés 5º
Inglés 6º

Nos blogs de 5º e 6º só hai links a actividades, pois eu fago de profe de apoio quitando cada semana a unha metade e facendo actividades a través do ordenador.
Por outro lado estoulles creando un blog p'as de infantil.

Bueno deixando a un lado os blogs, as wikis, etc. Vou ó gran. Mariña pideume que lle recomendara cousas para facer p'o nadal pa adornar a biblioteca do seu cole. Estas son algunhas das suxerencias se a alguén se lle ocurre algunha máis podedes deixarlle aquí mensaxes. A foto d'arriba de todo é a que che dixen que tanto me ghusta das casitas.
Nesta páxina d'aquí de abaixo podes atopar adornos pequenos po árbol, postais moi chulas...

http://www.sanwa.co.jp/paper


http://www.3eyedbear.com/



Tamén queda moi ben este muñeco de neve con platos de plástico ou papel.
http://www.makingfriends.com/xmas_crafts.htm

Familyfun.com


E pa acabar, tamén me comentastes que necesitabas cousas de comics, o que non sei se é pa decorar ou pa que vexan comics on line, bueno aquí tes unha páxina desas que sempre acabo metendo nos meus centos de favoritos e que atopei ahora buscando outra. Como podes ver son as portadas de diferentes comics tes de todo tipo selecciona (Hulk...):
Cover Browsers

No apartado de Manga atoparás portadas de Dragon Ball, detective Conan... Que sempre lles encantan ós rapases.

5 comentarios:

Renano dijo...

Moi interesante o teu traballo, moi moito. Teremos que quedar un día este nadal e falar destes miles de temas e doutros centos,
Bicos a millóns

CRISSS dijo...

Gustoume a páxina dos cómics. Ademais é moi práctica, xa che leva ela soiña á paxina de amazon pa que os merques.

Ri dijo...

a min tamén me gustou e debo decir que menos mal que apareceches (xa pensáramos que morreras coa gripe)!!!

Martina Bugallo dijo...

Non morrín, ahora padezo outros males por culpa de Martiño que nos trae todos os virus da ghuardería.
Ola Iago, quedamos cando queiras e contoche todos estes rollos.

Anónimo dijo...

JOOOO!!!! UN MILLÓN DE GRACIAS, MARTINA!!
Non sei como pagharche toda a túa axuda. De verdade que me pasas unhas ideas macanudas!!!!
Paso polos blogs a cotillear e gracias de novo.
=0D