lunes, diciembre 15, 2008

BABAIAGA


Pois hai uns anos, cando estudiaba maxisterio, tiven a gran sorte de ter que facer un traballo sobre este libro. Non é un libro calquera, é unha marabilla.
Baba Yaga é unha mezcla entre un vampiro, unha bruxa e unha madrastra. Esta bruxa é un personaxe típico dos contos tradicionais rusos.
Babaiaga
Taï-Marc Le thanh - Rébecca Dautremer


Non é un libro é como un álbum de collage, xa que é moi vistoso, alargado, cunhas ilustracións marabillosas, letras de diferentes tamaños...
De que vai? Pois dunha bruxa que é mala pola influencia do mundo. Pero é mala. Despois de presentarnola a ela e xustificala súa conducta, preséntannos a Farangulliña que resulta que é o prototipo de personaxe dos contos de nenos (sen nai e cunha madrastra que non a quere).
Pois ben a madrasta mándaa á casa de Babaiaga para desfaserse dela, pero esta con sete elementos máxicos conseguirá regresar, ou non??
Lédeo! Que conste que levo tempo intentando conseguilo e encargueino hai unhas semanas a ver se por fin!

As ilustracións son do milloriño, a ilustradora Rébecca Dautremer que fai estas marabillas que aquí vos mostro:



Desde o meu punto de vista non é un libro pa nenos moi pequenos.


E pa acabar deixovos cun vídeo un pouquiño gore basado no conto, que teño que confesar que me gustou. Pero ollo Pegi non o vexas que despois soñas!

5 comentarios:

CRISSS dijo...

As ilustracións son moi bonitas, a verdade é que me soa de algo o estilo pero non sei de onde (comentario de listilla nº 4.508)). Ten moi boa pinta o libro, a ver se che chega pronto.

Renano dijo...

Ola Martina, como vai polo colexio? heheh agora supoño que ben que xa se achegan as vacacións. Déixoche aquí unha ligazón para unha rede social sobre as TIC no ensino en Galiza http://agorarede.ning.com/
Bicos

Martina Bugallo dijo...

Xa me fixen membro da rede que propós Iago, a pesar de estar en portughés. Que conste que non me ghustou nada como a presentan pero bueno, todo sea polo uso das TIC nas aulas!

Anónimo dijo...

Tamén... fuches coller a mellor foto que tes...!!

A verdade é que é unha peniña quea páxina non estea en galego...
Nin o nome da nosa terra son capaces de escribir ben!!

Marita dijo...

Pois haberá que lee lo libro que ten moi boa pinta.
Eu recomendoche:A palabra das fillas de Eva de Teresa Moure. clasificado por min mesma como feminista realista( que non ten que var con este teu, é so que o estou a ler.
Se vos cadra ben xa sabedes que podedes dar visita do nadal no meu puebliño da Ría de Arousa.
Un bicaso e FELICISIMAS FESTAS.