martes, abril 07, 2009

Papel Maché


O ano pasado publicaba aquela entrada sobre os ovos de pascoa decorados, que moit@s recordaredes, como unha alternativa p'@s que non vos ibades de vacasións e non tiñades moito en que invertir o tempo. Aquí tendes alghunhas imaxes pa refrescar a memoria.



Podédela usar como modelo para decorar os vosos propios ovos, a verdá é que son super coloristas, pero alghúns teñen un traballo tremendo.


Bueno este d'aquí cólgoo non pa que o usedes como modelo, pero é que me tiña unha pinta boísima!

E aquí tendes o maior ovo de chocolate da historia. Fixérono en Bélxica no 2005. Medía 8 metros de altura e 6 metros de diámetro. Pesaba 1,9 toneladas. Oito días lles levou a 6 traballadores dunha empresa de chocolates belgas.



Volvendo a tema, como non me ghusta ser repetitiva nas entradas ente ano propóñovos algho novo, algho no que invertir tamén o tempo ocioso. Aquí tendes algunhas cousiñas que se poden faser con papel maché.
E para @s que xa esperimentastes co papel maché antes, aquí tendes un proxecto moi fasiliño , non vos minto está feito neste material.
Esta última creación seguro que vos chifla, sobre todo a Cris, non me dighades que non está ben, hasta lle puxeron a chupa que usa pa ir na moto.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

a miñla preferida e a da arbore, que pasada!! xa se chegou a union do mito coa realidade na natureza.Encantame!!!!
Marita

Ri dijo...

tiñas que ter incluido na entrada o dixeño en papel da perna con medias de cores de cris, toda unha homenaxe os seus zapatos laranxas de paiaso!! a ver si se anima e colga a foto no seu blogg, está super ben! non é por desprestixar a estes artistas teus pero teño que presumir de irma non?

CRISSS dijo...

O mundo do papel maché! Teño que seguir coa outra perna, a ver se en verán...

Martina Bugallo dijo...

Porque non tiña a foto do teu pé senón houberaa colghado, Cris.