martes, junio 09, 2009

Criaturas de trapo


Mirando cuadros en internet en varias galerías, sobre todo americanas cheghei como siempre por casualidá a unha páxina curiosa onde mostraban "cute creatures" creadas en trapo.

Aquí tendes algúns animaliños creados con telas recicladas de roupa vella, botóns...


Como vedes nesta páxina británica de Abigail Brown, non solo podedes comprar muñecos senón tamén caixiñas, scrapbooks, cadros, ilustracións...


Nesta outra (alemana creo) chamada Hezensart podedes ver máis exemplos, esta ves máis simpáticos do que se pode faser cos trapos vellos que tendes pola casa.


E nesta outra páxina francesa Maguette Bazar podedes atopar tamén uns muñecos do máis chuscos.
Bueno, non é que volva cunha ghran entrada, pero espero que polo menos a moit@s vos vala pa pasar o tempo nestas tardes larghas de chuvia de verán, que de verán non teñen nada.

4 comentarios:

Ri dijo...

gústame un montón a furgoneta e a tropa de vikingos...xa te vexo a ti creando criaturiñas destas todo o verán como non cambie o tempo claro!

CRISSS dijo...

Poderíaste sacar unhas pelas poñendo unha tenda online con bonequiños de fieltro. Ofrézome como man de obra barata en vacacións.

CRISSS dijo...

E menos mal que volviches!

Ri dijo...

eso eso e eu como recaudadora...