jueves, octubre 20, 2011

Máis fieltro


Como xa sabedes o tema do fieltro é un clásico neste blog. Cada ves que atopo a alghén con creasións chamativas non podo evitar subilas. Pois ben, hoxe buscando cliparts en ETSY páxina de culto xa pa min, atopei varias cosiñas que me chamaron espesialmente a atensión. Empeso con estes super broches de Charamanguina que como vedes son moi chuscos.








Outras cousas que tamén me chamaron a atensión foron estes peculiares muñecos de fieltro con forma de ovo, non me digades que non son orixinales?!


lunes, octubre 10, 2011

10-10-11=33

Ola hai alguén aí?
Pois si esto de cumplir anos un lunes éche a cousa máis horrorosa do mundo: madrughar, traballar, andar con présas, non poder quedar con xente... Home, claro que si, haiche cousas peores, pero bueno, estar de cumpleaños en lunes tampouco che é a millor maneira de empesar a semana.
Pois como casi nadie se acordou de que estou de cumple, salvo alghúns pesados do face, voume autodedicar un vídeo.
Este é un tema de Coeur de Pirate (non necesitades traducsión non? creo que todos entendemos perfectamente o que quere desir), así é como se fai chamar a cantautora Béatrice Martin, que para o meu ghusto é unha pasada, vede o vídeo e xa me diredes.



miércoles, septiembre 28, 2011

Usbornízate!!!



Seghíndo na línea das últimas entradas, e pa non variar, vouvos falar de máis libros que comprei alá. Pero ollo está ves é unha recomendasión que tod@s deberíades ter en conta. Espesialmente os teachers de inghlés, the mamas and the papas, ós que vos ghusta faser gharabatos mentras asistides a congresos/clases/cousas aburridas varias e non sabedes q faser co boli bic porque o que vos están contanto non é digno de ser plasmado en papel, etc.
TOD@S DEBERÍADES TER UN !!
Pois ben, como ben sabedes e coñesedes xa moitos de vós, Usborne, é unha super editorial, centrada nos nenos especialmente, que conta cun sin fin de publicasións. De feito o seu lema é:
The best books in the world for children of all ages.
Con este lema o éxito ten que estar aseghurado, non credes?
Pois ben ide á páxina.
Aí podedes ver un sin fin de libros organizados por temáticas. Pois ben, na barra de búsqueda superior dereita, poñedes drawing, doodling and colouring e automáticamente aparésenvos estas marabillas. Como o nome indica son libros pa dibuxar, gharabatear e colorear seguindo as instruccións. Enganchan!!
O bo da páxina de Usborne é que che dá, na maioría dos libros, a opsión de ver como son por dentro; o cal é de aghradeser. Aquí tendes exemplos.








Outra opsión que tamén vos recomendo, é metendo lots of things to colour, dentro desta colecsión atoparedes un sin fin de actividades pa encontrar cousas e colorealas ou decoralas seghundo manden as instructions. Asegúrovos que valen a pena.
Bueno, hai un inconveniente, ó millor a vos non, pero a min non me deixou faser o pedido á Usborne, dábame erro de tarxeta, intenteino con outra e tampouco, non sei. Pero para todo hai un plan B. Pois ben eu o que fixen foi ir comprando os libros por ebay e amazon UK, en ocasións paguei algo máis pero en outras aforrei pasta.





Hoxe mismo cheghoume este de nadal, que ten unhas ilustrasións alucinantes!! E unhas actividades do máis divertidas.

Pois como vedes son unha super fan de Usborne, non sei en libras o que levo ghastado pero un bo pellizco. Pois ben ahora vouvos explicar cales foron as miñas primeiras adquisicións de Usborne.



Pois ben, estes dous libros compreinos en Inglaterra durante o viaxe, de feito, do de nenas, comprei vairos exemplares pa reghalar. Son tamén moi bos, con multitude de actividades, desde exercicios de seriación, find and colour, garabato, composicións con peghatinas, recetas moi sinxelas pa nenos... Son completísimos!!
Xa sabedes a USBORNIZARVOS!!

sábado, septiembre 24, 2011

Resumen England


Pois ben como unha non pode atender a tantas cousas e claro xa se me van quedando temas atrás e xa quero ir publicando outros, e o facebook pasou tamén a roubarlle tempo a este blog. Póñovos as miñas impresións de England en varios capítulos ou resumenes. Pois ben, empesemos cun se fose, que tanto me ghustan a min, e que tantos viaxes ten amenisado do Umia.

Se fose un color: GREEN ( a verdá é que hai vexetasión por todas partes e as veses incluso che dá a impresión de ser algho desordenado, caotico..., pero descubres que hai un sin fin de técnicas de setos, xardíns...Ah! nota curiosa está cheo de ortighas por todos lados! E cunhas flores!

Se fose un animal: SHEEP/SQUIRRELS (ademais de haber moitas ovellas teño que desir que vimos unha cantidade considerable de ardillas, tanto nalghún castelo, como en parques de londres...

Se fose unha canción: The Grand Old Duke of York. (esta é unha coña, porque é unha canción que a Angueira lle fai moita coña, e a verdá é que é simpática. Pois ben, explícoo, no LIDL británico conseghín un superDVDs cuns vídeos pa nenos que volven tola a Bárbara, e concretamente esta cansión é do máis coñeira.).

Se fose un coche: a classic car (sobra desir que está cheo de coches clásicos, tema do que eu non teño nin idea con lo cual non vou a dilatar. Eso si, desir que era moi curioso estar nun semáforo mirar p'o coche do lado e descubrir que no super deportivo, coupe ou como se digha, había unha parella de vellos, pero moi vellos!, que che metían unhas arrancadas, e por non desir que condusían como tolos. As carreteriñas nasionales son pequenas e tortuosas cos setos tapando a línea da cuneta, sin ter un espasio pa parar en caso de nesesitalo, e a xente veña a correr como tolos! Pero ollo non vías cafradas de adiantamentos ou gilipolleses varias como aquí.

Se fose unha comida: fish and chips/sandwich (cóstame desidirme, e xa sabedes que non me inclino polos dulses). Por certo como the very best souvenir, trouxen a bolsa de papel dun fish and chips ca que estou forrando unha caixa de madeira, xa a subirei.

Se fose un sitio: un castelo (hai que desir que é asombroso o bonito que é en canto a arquitectura, e o ben coidado que está todo, eso si paghas tamén un presio bastante elevado por entrar nos sitios. Era alucinante cheghar a un sitio, un puebliño pequeno e sin máis aparecíache un super castillo ou mansión de quitar o hipo e cuns xardíns envidiables.

Se fose un deporte: (aínda que sone a tópico) CRICKET (pois como sabedes o viaxe pretendía especialmente visitar a parte menos turística do país, e desir a vida cotidiana dos pobos, e creo que realmente o obxectivo se cumpleu. Conseghimos ver como era unha tarde de sábado para os British, xoghando ó cricket nun macro campo verde e cun redusido número de espectadores que apenas ighualaban o número de partisipantes. Unha das penas de An foi non traer un equipo completo para empesar a prácticalo aquí.

Se fose unha tenda: unha de antighüedades, que máis ben son tendas de cousas curiosas atendidas por xente maior. Pois si a maior parte destas tendas reghentanas anciáns que controlan moitísimo de todo (porcelana, cámaras de fotos...). Teño que salientar que fixen alghunha adquisisión ben chula (xogho de té decorado, broches varios...). An comprouse un proxector de super8.

Se fose unha palabra: POLITE (a xente era realmente educada, xa podían despois poñerche verde, pero eran de entrada correctos e amables).

Se fose un libro: pois un pa nenos, por exemplo un dos máis habituales dos nenos British, todos teñen de feito un na súa casa: The Very Hungry Caterpillar (do tan prolífico Eric Carle).

Bueno continúo contando, como xa vos dixen na entrada anterior unha das cousas que máis me ghustou do país foron as ghanghas que se poden conseghir ghrasias ás tendas e mercados de cousas usadas. Pois ben compreime un sin fin de libros pa Bárbara e para o cole que non vos podedes imaxinar entre eles ese de Rapunzel da entrada anterior, pero aquí tendes outros:


Ademais tamén comprei alghún que outro libro, sin ser pa nenos, bueno, compramos, estes son alghúns. Destaco prinsipalmente o primeiro d'arriba de todo sobre as grandes casas británicas, é un libro recomendable, e a verdá é que ten unhas fotos a todo color dos xardíns e dos castelos e manors impresionantes e pode orientar un pouco de que ver se un vai alí.


Por hoxe creo que xa. Na próxima comentaremos sobre alghunha que outra foto e cousa curiosa do viaxe.
Por serto estamos pendientes de que o Nico tan esperado de Pegi nasa dun momento a outro, así que vou ser a primeira en felisitarvos CONGRATULATIONS papis!!!

miércoles, agosto 24, 2011

Lydia Monks


Aínda que teño moitas fotos do meu viaxe a Inglaterra por colghar, cousa que xa fixen a través do facebook, vou empesar con esta entrada sobre unha ilustradora que acabo de descubrir.
Que como a descubrín? Pois esta ves non foi lansando a rede, senón a través dun libro que comprei nun mercado dun puebliño en Inglaterra. Pero esperade que vos conto.
Pois ben, o último día no Reino Unido pasámolo visitando sitios cercanos a Dover, que era onde collíamos o ferry, e nun deses puebliños estaban en festas (noria, exposisión de coches clásicos dos vesiños da sona, carreira de burros...) e un mercadillo medio benéfico cun sin fin de oportunidades. Podías comprar mermelada casera, libros, discos, xoguetes, porcelana... Contribuíndo a unha boa causa.
E entre todas as cousas que compramos que non foron poucas, eu fíxenme cun sin fin de libros. E como non iba a comprar?!, se comprabas lotes por unha libra!!. Cheghabas a un puesto empesabas a mirar e libros de Spot, Charlie & Lola, atlas pa nenos do Reino Unido... E flipabas cando che desían todos os que tes na man por unha libra? Como mola "comprar libros por unha libra", pilládelo?
Así foi que a caravana en ves de caravana era unha biblioteca con rodas.
Bueno, pois entre estas gangas adquiridas, fíxenme cun libro chulísimo que se titula Falling for Rapunzel, ilustrado por Lydia Monks. E entón hoxe revisando todos os libros en inglés que comprara fixeime neste e decidín indagar, esta ves si a través da rede ,sobre a ilustradora. E aquí tendes o link á súa páxina. Nela podedes ver todos os seus traballos, que non son poucos!