miércoles, diciembre 21, 2005



Por fin conseguimos as fotos
Tardamos pero por fin conseguimos as fotos da selección galega deste ano. Xa era hora, tras perseguir ó noso querido Josechu (entrenador no centro de alto rendemento de Pontevedra e conductor e responsable da selección galega). Como non foi gracias a Peggi que durante a cena do piragüismo galego deste ano lle estuvo rompendo a cabeza, bueno debo decir que so conseguimos unhas poucas e as menos divertidas, solo se nos ve xogando. Pero algo é algo. Este ano o campeonato de España por autonomías foi en Murcia, pero parecía que en vez de estar no sur estábamos en Galicia xa que había un temporal terrible. Como o campo estaba no mar, no porto de San Pedro del Pinatar, había un oleaxe terrible.
Finalmente conseguimos a plata, detrás como siempre de Madrid que xa nos teñen aburridas. Os rapaces conseguiron o ouro, que tamén xa era hora, que lle ganaran a Andalucía!

Mandovos un par de fotos unha na que estou eu como sempre co número 8, de "estrellita" e outra dos nosos rapaces. Bueno mellor unha de Javi, o noso actual entrenador, e o mellor brazo de España. Fixadevos na torsión do Javito (número 7).

jueves, diciembre 15, 2005

OS MEUS CADROS



Como en edicións anteriores, comentara que pintaba, vou enviar probas desto. Estas dúas imaxes son dous exemplos de en que perdo o tempo, cando o teño claro. Non son moi bos pero bueno como di alguén cercano a min, parinos eu e quérolles. Acepto calquera tipo de crítica, non son unha persoa insegura que se deprima por recibir críticas negativas, todo o contrario axudan.

viernes, noviembre 25, 2005

PORTFOLIOS

Portfolio
De momento aínda non puidemos ter acceso ós portfolios, aínda non se nos plantexou a posibilidade de crear un, pero eu estou realmente interesada. Non para a creación do meu propio, senón para facer un para o club. Este ano pretendemos atopar patrocinadores, xa que o material é caro, MOI CARO!! Pensemos que un barco costa máis de 600 euros, e a pala costa máis de trinta mil das antigas pesetas... O portfolio permitiríanos recoller moita da información do club: historial, notas de prensa, clasificacións, calendarios... É dicir sería unha boa carpeta para gardar todas as cousiñas do Umia e presentarllas ós patrocinadores.
LA COLMENA Normalmente este tipo de traballos levámolos acabo Rita e máis eu, (Peggi para nós). Rita é a porteira do equipo, ca que me comunico gracias a internet, xa que ela está en Lugo. Ata hai pouco eu levaba o tema de prensa: chamar ou enviarlle as notas de prensa: á Voz, ó Diario de Arousa, ó Correo...
No club moitos de nós non somos só xogadores, senón que temos que exercer outras funcións. É como unha pequena colmena na que tódalas abellas temos unha función para que toda a colmena funcione (prensa, subencións, tramitación de fichas, etc.). Estamos abertos a todo tipo de suxerencias sobre posibles patrocinadores, non esquezamos, que é un deporte de élite que se move non só a nivel autonómico. De momento temos no punto de mira a Caixanova e a Clesa, pero aínda temos que ultimar, de aí a nosa presa por ter máis información sobre os portfolios.

Esta da foto é Peggi

martes, noviembre 22, 2005

SEGUNDO PROXECTO E MÁIS KAIAK


Levamos algúns días preparando o novo traballo. Non debo dicir o tema por se alguén decide plaxiar a idea. Non creo pero bueno. Polo de agora aínda temos as cousas moi no aire, como se pospuxo a data de entrega. Do traballo non teño moito que comentar salvo que como siempre a min me gusta levar a cabo este tipo de actividades, pareceme que son cousas moi útiles. Non sei cantos proxectos van ser en total, pero dende o meu punto de vista considero que os alumnos deberiamos ser evaluados dacordo a estes traballos, considero que non debería haber exame final. Sempre e cando a profesora considerara que os alumnos en cuestión desenrolaran da maneira esperada os proxectos plantexados. Pero isto é só unha reflexión persoal, como todo o que aquí expoño.
Cambiando de tema, e como xa hai tempo que non escribo sobre o meu deporte, invito a quen queira vir a probar un fin de semana como se xoga a isto. A verdade é que precisamos xogadoras novas que se queiran comprometer a entrenar e a viaxar bastante. Ata marzo non comezaría a liga española, pero desde que esta empeza un fin de semana ó mes marchamos de viaxe polas terras españolas: Madrid, Murcia, Málaga, Toledo, Banyoles... Que conste que cando chega a casa despois dunha viaxe tan longa en furgoneta sempre digo que non volvo, pero ata o seguinte torneo xa se me olvida o cansado que é ter que xogar en día e medio equis partidos, dormir na furgo de camiño, ou nun pabellón, comer a horas pouco habituais, porque os partidos son moi seguidos... Bueno non quero pintalo tan negro, que a verdade é que é fantástico viaxar con todo o equipo, de feito os lazos que se establecen co resto dos xogadores son bastante grandes, xa que facemos todo xuntos: desde durmir, comer, poñer a roupa a secar en tendais improvisados...
Esto é como un gran hermano: ata xurden parellas!
Levo dous anos tendo o honor de poder formar parte da selección galega deste deporte, este ano competimos en San Pedro del Pinatar Murcia e conseguimos a prata, o ouro é casi inalcanzable xa que as madrileñas (integrantes casi ó completo da selección española) son innamobibles.
SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO/A, PERO SOBRE TODO A, QUE SE ME ESCRIBA AQUI NO BLOG PARA POÑERNOS EN CONTACTO.
A imaxe mostra o sitio onde entrenamos en Caldas.

jueves, octubre 27, 2005

O 1º PROXECTO


Tardei moito en escribir por diferentes motivos:
1.Dou clases de inglés en dous sitios, tódalas tardes, o que me impide escribir ou conectarme.
2.Se tiña un rato pola mañán tiña que emplealo en quedar con Alba e Mayca as miñas compañeiras do primeiro traballo xa que polas tardes non podía. E se non quedaba con estas, tiña que emplear ese tempo en preparar a presentación de Powerpoint.

Respecto ó traballo.
A min supúxome moito tempo, debe ser por que este me anda escaso, nunca me deitaba antes das 2, e o día seguinte vir á clase das nove.
Como experiencia moi boa, coñecín a estas dúas rapazas, cas que conectei moi ben e paseino ben coa creación da presentación. Debe ser que me gustan bastante estas cousas. Non controlo moito, pero como me levo ben cos aparatos estes. Para min é como un xogo.

Nun primeiro momento o diseño da presentación era moi diferente, pero como se insisteu moito no feito de que fora basicamente composto por imaxes, reestructurámolo totalmente.

Outros temas.
Desde que descubrín o blog e llo contei ós meus amigos casi todos abriron un. E mesmo xa temos un do club náutico: www.umiakayakpolo.blogspot.com
O que ten de especial este blog do club é que todos os que estamos nel imos colgando o que querremos, fotos, texto... É un blog colectivo.

martes, octubre 11, 2005

Quen son???





Vivo entre Padrón e Rianxo nunha aldea que pertence ó concello de Dodro que se chama Manselle. Teño unha irmá que se chama Rita dous anos maior que min. Practico un deporte que casi ninguén coñece que se chama "kaiak polo", "kayak polo", en inglés "canoe polo". Comecei practicando este deporte no club universitario, pero tras a decisión da universidade de pechar dito club náutico, trasladámonos a Caldas onde estaba o mellor equipo galego masculino e mesmo de España. Dende a nosa chegada a Caldas convertímonos tamén no mellor equipo galego fiminino. Bueno non vos aburro máis para que vos deades unha idea de como é este deporte observade as fotos que adxunto. O número oito son eu. Tamén pinto. Asistín varios anos a clases de pintura e espuxen nun par de ocasións en Padrón nunha semana adicada a arte "Arte Mostra Santiaguiño do Monte". En próximas publicacións mostrareivos algúns dos meus cadros.

lunes, octubre 10, 2005

Ola son Martina Bugallo González e este é o meu BLOG.

Nesta primeira clase aprendín cousas realmente interesantes, especialmente a creación do noso BLOG. De momento estou traballando no deseño do meu blog, que a saber como me queda de chapuzas. Polo de agora o meu grupo e máis eu (composto por Alba e Mayca, das que non apuntei os apelidos), miramos algo de bibliografía tanto en internet como na biblioteca.

Alfabetismos digitales : comunicación, innovación y educación en la era electrónica / Ilana Snyder (compiladora)

Los Medios y las tecnologías en la educación / Manuel Area Moreira

Las Nuevas tecnologías en la enseñanza, temas para el usuario / Antonio Bautista García-Vera (Coordinador)

Comunicación educativa en la sociedad de la información / Roberto Aparici (coordinador)

La Revolución educativa en la era Internet / Joan Majó, Pere Marqués

Las TIC, un reto para nuevos aprendizajes : usar información, comunicarse y utilizar recursos / M. Ruiz (coord.) ; M. L. Callejo, E. González ; M. Fernández (col.)

p://www.campus-oei.org/revista/rie24a05.htm