martes, octubre 17, 2006

Consellos


Hoxe vou tratar un tema que a todos nós que traballamos con linguas nos é de especial axuda. Cantas veces non dudamos a pronunciación dunha palabra e recurrimos ó supertocho diccionario para ver a transcrición fonética, pois aquí vos envío un briconsello deses tan útiles:
metédevos nesta dirección e escribide un párrafo, unha palabra, unha frase... Esta máquina tan especial axúdavos a ver como se pronuncia.

http://demo.acapela-group.com/

Xa me comentaredes que vos pareceu o meu truquito, seguro que vos aforra cantidade de tempo, e ademais non só é útil para o inglés tendes outros idiomas e mesmo elixides falante: masculino ou fiminina según preferencias, máis lento ou máis rápido...
A min estame servindo de gran utilidade agora que estou preparando as opos, pois temos que preparar cada semana un tema para expoñer oralmente diante dos compañeiros e a páxina axuda moito, por non decir moitísimo!!!

3 comentarios:

Martina Bugallo dijo...

Realmente non o atopei eu atopouno o meu mozo, e que se lle meteu na cabeza que quere aprender holandés e por casualidades da vida romexendo en internés, buscando algo que lle axudara ca pronunciación atopouno.
A min tamén me encantou o programiña, non vexas o que axuda.

alex dijo...

Eu tamén estiven facendo o parvo pero temos que recoñecer que é moi útil. Xa o metín en favoritos. Graciñas a teu mozo por andar a rebuscar cousas tan chulas. Un bico.

Martina Bugallo dijo...

De nada. A ver se pa semana nos vemos que xa parese que estamos gafadas, xa me contarás que tal che vai todo, e que é por fin.