Hoxe non tiña pensado escribir pero vin esta noticia na páxina de yahoo...
Polo visto véndese o castelo de Vlad Tepes (s XV) o Empalador, máis coñecido literaria e cinematograficamente como Drácula (Bram Stoker). Este castelo foi construido no 1212, que data tan curiosa, por cabaleiros teutónicos e está situado en plena Transilvania.
Non me chegan os cartos pa compralo senón pensábao, son unha pasional do mito ou personaxe do conde, pero bueno non creo que nos levásemos moi ben, non polo do crucifixo senón porque me encantan os allos.
Ademáis de lerme o libro de Stoker
Vin algunha das películas, porque hai tropecientas, estas son algunhas delas con detalles curiosos:
Nosferatu (1922)
Un dos misterios da película é a identidade do seu protagonista, o impactante Max Schreck. A lenda di que foi o propio Murnau (director) quen, disfrazado, actuou como tal. Non hay ningún dato que nos permita decir que fose certo.
Dracula (1931) Interpretada por Bela Lugosi.
Este Drácula acadou o rango de mito, de clásico, o que provocou que hoxe, de forma irreflexiva e por parte de aqueles que non a coñecen ben, sea considerada a versión de referencia e o orixinal do que todas as demáis películas son meras copias sen acadar a súa excelencia. Moitos non están dacordo pois considérana demasiado teatral sobre todo a segunda metade desta, así como un Bela Lugosi demasiado empolvado e engominado, chulito!, perdéndose ese misterio que Bram Stoker lle dou ó personaxe non libro.
Drácula (1931)
The Return of the Vampire (1943)
Drakula Istanbul'da (1953)
A máis famosa das versións "exóticas" de Drácula, por desgracia, una película desaparecida da que non se conservan copias.
Dracula has risen from the grave (1968)
Dous feitos chamativos destacan nesta película: que o sacerdote non sexa nesta ocasión un caza-vampiros senón o servidor do conde e que o protagonista que acabará -temporalmente- co vampiro sexa un ateo descreído.
É precisamente esto último o que provoca unha das escenas máis discutibles: aquela na que Christopher Lee se arranca a estaca que lle atravesou o corazón porque , según se nos dá a entender, o proceso non se levou a cabo ca suficiente fe.
Atopamos tamén a triloxía Karn Stein:
Nosferatu (1979)
Esta é a película que casi todo o mundo coñece, que suscitou gran polémica pois para uns foi unha obra maestra e para outros unha cursilada, un Drácula que mata para vingar á súa amada.
E ata aquí a miña selección, hai moitísimas máis pois este é un tema que nunca pasará de moda, pois é o terror en si mesmo, a personificación da oscuridade á que todos no fondo lle temos medo.
2 comentarios:
Menuda mitómana estás feita! A min gustoume moito a 1ª q puxeches: nosferatu. Vímola no instituto. Por certo, aprovei did. da lingua...Agora teño q ir a pagar polo tituliño de marras. Bicos!
Eu aínda non fun, son unha deixada!!
Publicar un comentario