Este sábado desidimos faser unhas cantas fotos na braña. As brañas de Laíño son un dos lugares con máis atractivo do concello de Dodro, paraíso ecolóxico e faunístico bañado polo Ulla.
Xa Rosalía nolas mostraba nos seus cantares:
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
Esta é unha das que máis me ghusta quedou moi ben, empesaba a chover e o aire tiraba con forsa por eso se dibuxan esas oliñas no río.
Que? A que son unhas vistas chulas. Cando teña tempo vou intentar pintar alghunha delas.
14 comentarios:
Pois eu non vexo a referencia ás brañas no poema de Rosalía por ninghures...
Nas brañas fasía eu o Empuriabraba ghallegho! "En pleno corasón del Barbansa..."!
mira que andas bucólica esta temporada...parece unha entrada de principios do século XIX..a ver si ver tanto sentido e sensibilidade e rollos así che vai estar influindo...calquer día vémoste con faldas largas baixando por as colinas estas de manselle en plan casa de la pradera!!! wueno é bromita! da gusto ver as fotos sobre todo á hora do café no traballo!
"Empuriabraba"?! Ooops!
Quixen dicir Empuriabrava...!
Xa vexo que vos ghusta máis a miña vena chorreira que a seria. Anónimo non podo poñer Ampuries Braves xa che direi por que.
Moi bonitas as fotos, pero teño que recoñecer que a túa vena chorrera gústame máis.
(Anónimo debe ser Ri resentida polo tema das ves e ubes.)
non é resentimento...a min tamén me gusta a entrada..pero pensade por un segundo na imaxe de mar en plan casa de la pradera..
Entón anónimo es ti!
Non!! Anónimo son eu...! O PATRÓN!!
Haber cando te fas un blog!!!
Ou teremos que recoller firmas?
Meme a vista... quedas nominada
Ahh teño que falar contigo
Meme a vista... quedas nominada
Ahh teño que falar contigo
hola chica!!! son marita o que pasa e que mando por anonimo porque inda non controlo.....ben xa me coñeces.
Encantanme as fotos hasta casi me emociono.(sonche moi galega):)
E vin o xogo ese ultimo que tes , ten moi boa pinta.
Falamos pronto
Un bico juapetona
Olá amiga das Brañas de Laíño:
Chámome Santi Moroño, e son da Asociación ecoloxista Verdegaia. Estamos a facer unhas actividades relacionadas coa braña, e de feito en Xuño fixemos un roteiro entre xente de Verdegaia e a veciñanza de Dodro. Xuntámonos unhas 60 persoas para nos mergullar no coñecemento dese senlleiro espazo natural. Foi un éxito e tivo, e aínda está a ter, moita acollida nos medios e na xente. Podes botar unha ollada na páxina web de Verdegaia.
Póñome en contacto contigo, por que empreguei unha foto desta túa bitácora para o folletiño que fixemos. Agora imos facer outro roteiro co grupo de camiñadas Fontiñas de Compostela, e quería incluíla de novo, e coidei que cumpría procurar o teu visto e prace :-)
Se che parece ben, envíoche unha copia cando teñamos pronta a edición.
Isto non é nada comercial e son para repartirmolos de balde a quen vaia aos roteiros.
Unha aperta,
Santi (smoronho@mundo-r.com)
Pufff! Verdegaia!
Blocosecta, diría eu...
Ecoloxistas de salón que só pisan o monte cando hai que faser propaganda das súas historias...
Publicar un comentario