domingo, enero 25, 2009

Mucha


Como xa sabedes, @s que máis me conosedes, Alfons Mucha é un dos meus artistas favoritos. Como xa (creo ) que publiquei aquí unha entrada sobre as súas creacións hoxe o tema vai ser a repercusión da súa obra, outro tipo de traballos sen ser carteis ou pintura, e o uso dos seus traballos en productos de todo tipo. Despois da entrada anterior dedicada a Cris sobre Lenore, pensei, seghuro que tamén hai cantidadá de cousas sobre o traballo de Mucha.




Como esta cúpula mostra este home non solo pintou sobre tela, tamén frescos, diseñou xoias, cubertos...


A ver cando nos traen a Santiagho algho del.


Cando Checoslovaquia obtuvo a independensia, despois da Primeira Guerra mundial, Mucha diseñou sellos postales, billetes de banco e outros documentos gubernamentales p'a nova nasión.
Este outros son sellos conmemorativos dedicados a el.


E mismo The New York Daily News ó máis puro estilo Mucha.



Estes d'abaixo son os billetes. Non me dighades que non son unha obra de arte, non o noso euro, tan frío e con aquel puente que simbolisa a unión entre as diferentes nasións.



Como non, tamén temos que falar dos numerosos souvenirs representando as obras deste pintor: caixiñas, matruscas, ovos... Das duas fotos eu quedaríame cos obxetos d'arriba pois son máis fieles ás obras del.

Estes cofres tamén son unha virghería:


Tamén hai Mucha para os ludópatas, polo menos mentra xoghas ás cartas en ves de estudiar, non perdes o tempo e culturísaste:


Tamén atopei estes chaveiros e broches enmarcados en fieltro. Xa me fixen un , xa volo enseñarei noutra entrada.


Esto que vedes aquí abaixo que paresen chapas, son botóns, presiosos, a que si??
Recordades entradas anteriores sobre ilusións ópticas onde mostraba marabillosas creasións realisadas en tiza nas rúas, pois tamén atopei esta sobre unha obra de Mucha.



E como na entrado do outro día tamén os hai moi fans que se pintan ou se tatúan as obras dos seus ídolos no corpo.Este é un body painting moi eleghante, sobre todo pa sorprender @s respectiv@s no tan próximo san Pimpín. Toma nota Pegi, se podes paghar sen euros por unha limpiesa de cutis que o fin e ó cabo solo notas ti, como non vas a invertir en arte!?


Pero sin duda unha das cousas que atopei na rede e máis me chamou a atensión foron productos como estes envasados en latas decoradas cos seus cadros. Estoume planteando pedir alghunha por intenet.



E se pensábades que o Arguiñano era un xenio decorando os seus platos co tan repetitivo perexil, non me dighades que esto non é un plato elaborado, o que eu chamaría "artdeco-mer". Esta xente con catro palitos de cangrexo, un pouco de lechugha, ovo frito e xamón york fanche unha obra de arte, esto si que é talento!!





E se esta entrada vos ghustou... Proxima mente, chegha ós nosos monitores por San Pimpín...


sábado, enero 24, 2009

Que me perdín?


Despois dun tempo ausente, haberá que faser balanse de todo o que pasou mentras eu non estuven.
Que me perdín?
Si, Obama por fin é presidente dos Estados Unidos, non é que a min me vaia ou me veña moito, pero pa moita xente vai ser bastante significativo e positivo (crusemos os dedos). Non vou falar do que significa esto:

-a marcha de Bush

- O caso dos espías do PP madrileño.



E finalmente un vento de tronsar eucalitos.


Ah! E que Cris está de exames e non se lle ve o pelo. Pois pa ela vai esta entrada, como sei que lle chifla a Lenore aquí tes o colmo dos seguidores desta nena tan singular.


Pero eres ti realmente unha "supermegafan"??
Mira o que significa ser un supermegafan:

Levala tatuada


Bordar as sábanas pa dormir máis serca dela



E hai hasta quen encarga unha blythe Lenore

viernes, enero 09, 2009

Ilusións ópticas again


Recordades a Julian Beever (entrada do 3/12/2007) esa mezcla entre dibuxante, ilusionista da tiza... Pois aquí tendes outro para min aínda máis espectacular! Sobre todo pola temática elixida.
Mirade e opinade, acaso non parece que estes dibuxos sobre superficie plana teñen fondo, volume e mismo vida??? Podedes visitar os seus traballos aquí Kurt Wenner.

miércoles, enero 07, 2009

Despois de reis

No día despois de reis colgo estas imaxes, que o din todo por si mesmas. Esta d'arriba é boísima, debe levar un par de anos no meu ordenador. Mostra claramente a sociedade na que vivimos, unha sociedade caprichosa de nenos repelentes obsesionados con cousas materiais e sin ningún tipo de valor solidario. Bueno, non todos, hai que decir que no tempo que levo como docente atopei nenos (e moitos) tan bos, tan volcados cos débiles, tan colaborativos, que che deixaban ca boca aberta, e dos que moitos maiores deberían aprender.
Pero bueno, esta entrada é para criticar ós malcriados e eghoístas.
Aquí debaixo colgho a obra de Mark Ryden, é un ilustrador do máis macabro, bueno desde o meu punto de vista pois as imaxes son un tanto siniestras, non??





martes, diciembre 30, 2008

Intacto

Despois dun día DESASTROSO pa min, publico esta entrada que define tal cual o que é a sorte, o que significa que alguén estea tocada por eso que se chama sorte. Este vídeo mostra claramente o meu estado de ánimo, a miña sorte.



Vede o vídeo hasta o final. Que cal son eu?? A que chegha ó final sin estrellarse nin de coña!!

Hai unha peli que ten o mismo arghumento que o vídeo, xente cun don, o don da sorte, á que poñen a proba. A peli titúlase Intacto e entre outros podedes ver a Leonardo Sbaraglia.

lunes, diciembre 15, 2008

BABAIAGA


Pois hai uns anos, cando estudiaba maxisterio, tiven a gran sorte de ter que facer un traballo sobre este libro. Non é un libro calquera, é unha marabilla.
Baba Yaga é unha mezcla entre un vampiro, unha bruxa e unha madrastra. Esta bruxa é un personaxe típico dos contos tradicionais rusos.
Babaiaga
Taï-Marc Le thanh - Rébecca Dautremer


Non é un libro é como un álbum de collage, xa que é moi vistoso, alargado, cunhas ilustracións marabillosas, letras de diferentes tamaños...
De que vai? Pois dunha bruxa que é mala pola influencia do mundo. Pero é mala. Despois de presentarnola a ela e xustificala súa conducta, preséntannos a Farangulliña que resulta que é o prototipo de personaxe dos contos de nenos (sen nai e cunha madrastra que non a quere).
Pois ben a madrasta mándaa á casa de Babaiaga para desfaserse dela, pero esta con sete elementos máxicos conseguirá regresar, ou non??
Lédeo! Que conste que levo tempo intentando conseguilo e encargueino hai unhas semanas a ver se por fin!

As ilustracións son do milloriño, a ilustradora Rébecca Dautremer que fai estas marabillas que aquí vos mostro:



Desde o meu punto de vista non é un libro pa nenos moi pequenos.


E pa acabar deixovos cun vídeo un pouquiño gore basado no conto, que teño que confesar que me gustou. Pero ollo Pegi non o vexas que despois soñas!

martes, diciembre 02, 2008

Felisitando cumples atrasados


Como podedes ver pola miña ausensia, ando moi liada, pero que moi, moi, moi liada.
E debido a esto non puden felisitar como se meresen nin a Martiño nin a Crisis.
Ahora que teño un ratiño, voulles faser un pequeno homenaxe a cada un. Que como os vou recompensar?
Pa Martiño teño uns cantos vídeos que seghuro que o deixan pasmado como siempre, e non quere que ninguén o moleste mentras ve a Pocoyó, Pato, Eli...




E pa Cris máis que unha dedicatoria voulle facer un montaxe de todas as cousas que a definen, como ela é a Crisipedia e ten definisión pa todo, pois se eu a tivera que definir mediante cousas serían estas:




E como sei que un dos teus soños é aprender Braille ( pa ler polas noites ca lus apaghada metida na cama) pois vou contribuir facilitándoche á aprendizaxe pa que empeses.
(Ollo que ninguén malinterprete ou pense que esto é unha broma ofensiva, Cris nunha ocasión manifestou tal desexo pola razón que arriba arghumento), xa vedes así é a rapasa!!


Ademais vouche pasar unha dirección da fundación ONCE na que tes un cursillo de aprendizaxe de Braille para personas sen problemas de visión.

E pa que faghas a túa primeira práctica resolve este acertixo, ollo está en inglés.

What can travel around the world but stay in one corner?



miércoles, noviembre 12, 2008

Gato negro gato blanco



Xa hai uns días vimos unha peli, que pensando que iba ser malísima resultou estar entretidísima.
A modo de resumen titúlase Gato Negro Gato Blanco e é do tan coñecido Emir Kusturica, bueno teño que reconoser (non vou ir de flipadilla) que é a primeira peli que vexo del.
De que vai? Pois dun ghitano que lle pide cartos a unha familia mafiosilla e como non llos pode devolver pois ten que casar o seu fillo (que é un chavalín) ca irmán enana do xefe mafioso. Pero o rapás está enamorado dunha nena vesiña del moi mona. Outra familia mafiosilla tamén entrará en xogo pola amistade que ten co patriarca (pai do que crea o follón todo) e entre enredo, cadáveres dos patriarcas que dan por mortos e non o están, a peli acaba cun final de conto. Recoméndovos que a vexades está xenial.
Creo que me liei un pouco, non? Bueno a vela. Donde atopala pois ou na mula ou en algún sitio tipo xornalismo..., que soen ter cine de autor.