lunes, julio 23, 2007

Un reto


Ola, ola!

Como xa todos estades ocios@s, porque a maioría xa estades liberados dos vosos traballos, e como o bo tempo non nos quere deixar ir a praia, aí vai un dos meus comecocos, tendes que ir atopando cousas e usandoas "con cabesiña", se realmente atopades todo e o usades ben conseguiredes saír do voso encerro.

O xoghiño está moi ben!! Non mintades e comentade se tardastes moito en escapar, ou se non o conseghistes, sen mentir (vale Peggi)!! Supoño que Cris (Crisipedia, hai que espesificar pois tamén temos á Cris de Vigo) pa ti estará tirado.

Solo tendes que facer click sobre a foto.


martes, julio 10, 2007

Yatta, yatta

Pois como polo visto as entradas destes días teñen que ir sobre vídeos chorras, aquí tendes un que acabo de ver en "Se lo que hicisteis..."

Non alcansa ós de Cris e Angui, que os poñen porque lles molan non porque lles resulten frikis, pero bueno.

domingo, julio 01, 2007

DE PÉ


Imos empesar ca definisión de "pé":



Estructura biolóxica utilizada para a locomoción que se encontra en moitos animais. As súas características varían dun animal a outro.











Imos demostrar que hai toda unha cultura detrás dos pés, así que todos aqueles que tendes os pés grandes considerádevos afortunado non só por non ter que gastar en esquís senón tamén porque para moitos os pés son todo un símbolo.




Esta estatua de Budha por exemplo mostra uns pés inmensos que máis que peza artística son símbolo de adoración por multitude de fieis.





Pero tamén existen grandes obras artísticas onde o pé é o centro da composición, véxase esta estatua do pé de Constantino.












Moitos chegan a obsesionarse con esta parte do corpo, da que non existen dous iguais, de feito os pés máis parecidos soen sen simétricos.










Pa outros a estética dos pés é tan importante como a de calquera outra parte do corpo:












Algúns viven deles, e se estes fallan o mundo para eles derrúmbase:












Debemos ter en conta que hai como un gran empeño (ou conspiración) en obsesionarnos con eles, é unha palabra que probablemente teña un mensaxe oculto, porque os medios de comunicación, a publicidade... , entre outros tratan de nombralos alá onde imos:


"pie de foto", " estamos a 4000 pies", "cienpies"...


Pensade sólo por un momento na importancia que por exemplo a televisión lle dá, vemos numerosos anuncios relacionados cos pés: Peusek, plantillas... E pas mans por exemplo, primas destes e incluso moito máis televisivas nada.




Xa nas épocas de Verano Azul mandaban ás praias familias ficticias que probablemente pertenecían a algún tipo de oganización a recordarlle dita palabra á xente, con plans coma este:











Do cine xa non podemos nin falar, pensemos en títulos como:












E este adoctrinamento da cultura "PIE" ou pé xa se induce de forma incosciente nos nenos véxase este xelado, que é moito máis que un simple xelado:






Na nosa cultura de momento aínda non conseguiron o resultado axeitado, ou si??

Pero aínda non chegamos ós extremos de cultura nas que o tamaño do pé é importantísimo, ter un pé pequeno e símbolo de beleza, o que fai que moita xente sufra esta terrible obsesión e se benden os pés para evitar que estes medren (en plan bonsai va!).






E a propia natureza xa é modificada para que tamén presente este emblema e acade un efecto fulminante na mente humana:

Tras un análisis exhaustivo e indagación sobre o que probablemente se esconde detrás de todo esto descubrín o seguinte:



PIE
PARTIDO INDEPENDENTISTA ESPINETE
El mejor gobierno es el que desea hacer feliz al pueblo y sabe cómo lograrlo…
El PIE es un movimiento pacifista, igualitario y democrático que centra sus esfuerzos en la consecución de un mundo más justo, más equitativo en cuanto a oportunidades, y un sentimiento, en fin, que anhela echar por tierra aquella reflexión del fabulista latino Fedro según la cual “en un cambio de gobierno, el pobre rara vez cambia de otra cosa que del nombre de su amo”.
Conscientes de que “sin democracia, la libertad es una quimera” como dijera el ensayista y escritor mexicano Octavio Paz, iremos caminando por un duro sendero que habrá que desbrozar a medida que nos internemos en la ardua tarea de convivir en un mundo cada día mejor.
El PIE es un partido utópico que lucha por evitar que se destruya la democracia del pueblo pidiendo que la justicia no discrimine según la raza, el poder, el sexo, el dinero o la ideología de las personas, vigilando el respeto a los Derechos Humanos y defendiendo el derecho de las personas a la huelga, el trabajo, la cultura, la vida en paz y la alegría.
Todos juntos podemos intentar soñar un mundo más humano, darnos cuenta de la importancia de vivir en un planeta quizá único en millones y millones de galaxias que pueblan el universo (¿para qué entonces destruirlo y hacerlo irrespirable?). Estar junto a la gente, hablar con ella, defender los “staccattis”, las fiestas de San Juan y muchas más necesidades…
Esto non mo invento eu, aínda que o pareza podedes consultar tales datos en:


Pero esta extremidade ou terminación de extremidade xa conta con medicina propia que pode a través dos pés curar calquera tipo de dolencia.




Para rematar, o máis importante da entrada é a importancia que os pés teñen na nosa sociedade e a trama que tras eles se esconden, o importante é empezar con bo pé,


Pisando fuerte:

Porque, que casualidá, o fin siempre ven cos pés por diante.
Pa que non me despedir de forma tan macabra deixovos cunha canción que eu relaciono cos Pés:




lunes, junio 25, 2007

Semana negra

A semana pasada foi unha semana negra pó Umia. Nunca nos imaxinamos que podían chegar días tan malos pó equipo, unha ves superados os problemas co concello, sobrevivir nun contenedor de obra en vez de club náutico e pagar cifras desorbitadas de alquiler de furgonetas pa mover ós tres equipos, o Umia baixou a segunda.
Na páxina de Canoepolo xa se fala da morte dun equipo, que triste, esperemos que non sexa así.
Era sabido que esa semana ía ser negra: a parte do descenso do náutico, o Celta baixou (síntoo Cris) o Barsa non pudo ganar e o que foi peor morreu o ídolo do Umia.
O que é o destino o equipo baixa e o Fari morre.
(Que ninguén pense que é unha entrada tipo cachondeo porque esta vez o meu humor negro queda a un lado).
Sinto tremendamente todos estes feitos e creo cada vez máis nas casualidades. Que ironía! Tantos quilómentros de viaxes acompañados polo noso querido Fari, e finalmente caen os dous xuntos.

Aquí acaba unha das entradas máis negras deste blog, dedicada a un Umia que esperamos se convirta en Fénix e resurxa das súas cenizas, con respecto ás do Fari seguirán vivas na nosa memoria.

Deixovos con esta canción que seguro que vos recorda o noso viaxe a Málaga.

miércoles, junio 06, 2007

Tribute to Ralph Fiennes


Como vedes estou publicando ás tantas, é desir vai ser unha entrada froito do insomnio e do agobio de todo o que teño que faser. Como Cris o outro día nos deleitou cos gustos das persoas máis cercanas a ela, e entre elas estaba eu con Ralph Fiennes pretendo faser entender por que representa o meu icono, xunto con Pilar Rubio claro. Como a foto elixida por Cris desmerese o atractivo deste actor aquí vos mostro o mellor del.

Imos empesar cun breve percorrido polas pelis cas que el tan ben nos soubo cautivar, ata o punto de enamorarnos cos villanos atormentados que el representaba.
Recordemos a lista de Schindler por exemplo




Aquí temos o vídeo composto por fotos preparado por algunha maníaca desas, ou maníaco, pero que nos ven de perlas para observar a este superhome desde diferents ángulos.



Aquí vemos o resumen de Wuthering Heights que pa min é un peliculón, no que el e Juliette Binoche se salen. É unha das miñas historias de amor favoritas xunto con Frankie e Jonnie onde tamén está outro dos meus iconos Michelle Pfeiffer xunto a Pacino





Como iba a faltar O paciente inglés.





Espero que este breve percorrido polas pelis máis salientables del non vos aburrira ou polo menos que vos axude a saber que alquilar a próxima ves que vaiades ó videoclub.


E como sabedes encántame dedicar cancións pois acabo o reportaxe con esta estupenda canción dedicada a Ralph Fiennes e a vos claro.


Gianna Nannini

jueves, mayo 24, 2007

Sin título

Este fin de semana volvemos a Madrid a xoghar o kaiak polo na Casa de Campo (si onde moitos van en busca de sexo e nos fomos en busca dun lagho que non había dios a encontralo).
Pasounos de todo:
1. Déronnos por perdido un partido sen xogalo, non vou profundizar nos motivos que total xa aburren.
2. Durmimos nun camping, onde tíñamos que compartir duchas cas cucarachas. Unha intentou ir comigho ó baño.
3. A Cris roubáronlle as chanclas.
4. O domingo xoghabamos ás 8:30. E a eso das 8:25 seguíamos ás voltas cambiándonos na furgoneta mentras Javi trataba de encontrar unha entrada pó lago que máis ben parecía unha porta a outra dimensión. O que fixo que parte do traxecto se convertira nunha maratón con chaleco, casco e pala incluidos, mentras os que practican deporte os domingos e as prostitutas asistían a tan particular maratón. E todo pa chegar 10 minutos tarde e que tamén nos deran o partido por perdido.
5. Pero non acabou aí o día, as miñas queridas compañeiras quixeron asesinarme enviandome a "mear" a unha cámara de gas e casi non o conto!! Que mal estuven.

Pensei en poñervos fotos ilustrativas do meu malestar pero finalmente deixovos con este vídeo super bonito!
Cris escribe algo que eu xa che visitei. Se queredes visitar o blog desta rapasa pulsade aquí.


lunes, mayo 07, 2007

Que semana!!





Sinto tanta ausencia de entradas!


Xa sei que para moitos pode chegar a ser dolorosa a miña ausencia.

Pois prometo compensarvos cunha semaniña enteira. Que empesa hoxe claro.
Xa sei que moit@s gastastes todos os aforros do ano en chocolate (do de comer), tabaco, ansiolíticos...
Vale prometo compensar tanta angustia e pa eso vou empesar cun repaso-resumo de todo o que pasou na miña ausensia e que vos houbera ghustado oír comentado por este mi piquito.


Primeiro desirvos que Terminator Peggi que últimamente está enganchada a "Cambio radical" desideu faser de ciruxán maxilofacial comigho no entrenamento do sábado a golpe de pala, unha fisura considerable como podedes observar na foto (nº 4)

EMPESAMOS:

Pois ben en Wysteria Lane despertou Mike:



O pobre levaba uns meses en coma e finalmente ocúrreselle despertar.

E falando de pobres, esta semana detuveron á Pantoja:





Terrible inxusticia que o único que consigueu foi incrementar a lista de anorexia deste país e o que é máis, extender o problema a outro sector social totalmente diferente: varóns maiores de 50







As veses os xuises podían estar quietiños que o único que fan é crear máis crispación social fasendo que a xente de a pé se olvide dos verdadeiros problemas que realmente lles preocupan

E mismo hasta conseguiron distraer a atención da noticia máis importante pa todo bo español que se presie a dunha nova infanta (como sighan así imos ter unha infantería que nin a do exérsito).






Hai non era esta a foto, é esta:









E como a semana foi unha semana de revolusións que mellor que faser mensión sobre o país cuna da revolución, onde onte gañou Sarkozy, un señor solo igualable polo noso querido Ansar:




Desde que marchou Ansar xa se perdeu a frescura dun político preocupado polos problemas sosiais, consiensiado coas causas xustas...
Pero bueno, demos ghrasias a que de ves en cando nos deleita con ese pico de ouro que Dios lle dou. Esta semana para min o feito máis salientable foi a defensa de Ansar do viño:

Ansar vs DGT










Esta foi a semaniña, e vaia semaniña!



lunes, abril 30, 2007

Siyahamba

Despois desta larga ausensia, debida a realización dos materiais para a exposición das opos, volvo con esta canción africana. A primeira vez que a oín quedei impresionada, foi nunha cena de maxisterio no Fogar de Santiso, cantárona os de musical, e aquelo foi impresionante, emocionaba oilos. Esta foi a versión máis parecida que encontrei a que eles interpretaron.



M.V.P., como sei que sigues obsesionado, me consta, decidín deixarche contestación aí abaixo.
Máis que nada porque non quero acabar como Lenon, e sería unha boa cousa que entre todos conseguiramos que deixaras a medicación.

miércoles, abril 18, 2007

Máis fotos do torneo

Está por saír unha edición especial "os caretos do torneo", polos que teredes que votar, pero como aínda los chicos de la cueva y yo "estamos trabaghando en ello", tendes que esperar. De momento mirade estas fotos feitas pola fotógrafa ofisial do Umia, Verónica.
Esta ves os comentarios non son moi elaborados porque non dispuxen de tempo para esmerarme, vale Cris.



lunes, abril 16, 2007

No woman no cry

Creo que non necesito desir a quen dedico este vídeo, a canción xa o di todo. O viernes imos ter unha sesión de terapia e retroalimentasión contigo. Que non só necesitas ti, eu tamén me sumo.
Anímate!!!

miércoles, abril 11, 2007

Aleghríías do día!

Pois ben hoxe xa levei dúas aleghrías, bueno non son aleghrías exactamente pero son desas cousas que che pasan que che llenan de orgullo y satisfacción. Pois teño unha nova visitanta pero o que é máis interesante é que aumentamos as distancias, imos máis alá do charco, Chámase Roselene e é profesora en Brazil. Se queredes ver o seu blog ides o comentario que deixou na entrada anterior e pinchades sobre o nome.

Ademáis na páxina do colexio de Mariña Spike's somos enlace permanente, non con este blog, co Martina's world, e houbo unha persoa que escribeu o seguinte:



Andrederabal dijo...
Martina de onde é?¿?Pasareime polo seu blogge sempre que poida.
Wed Apr 11, 04:52:00 AM


É desir, empeso a ser famosa, a xente empesa a querer saber datos sobre min. Dentro de nada salirei no Tomate, en ABC e hasta no programa de Quintero. Teño que ir pensando en poñerme un ghuarda espaldas, que estas cousas empesan como quen non quere a cousa e acaba unha saíndo na páxina de sucesos como tantos outros famosos mortos xovenes.


Pois vou contestar aquí á preghuntiña de de onde son:

Pois sonche

de onde as brañas perden o seu bonito nome

pa convertirse en monte:

MANSELLE.

Esta foto non é que che me ghuste moito pero é a única que teño aquí no ordenador de Angueira.

lunes, abril 09, 2007

Viaxe a Madrí

Este fin de semana non, o anterior fomos xogar o primeiro torneo da liga española a Madrí. Xogamos nas piscinas de Puerta de Hierro onde os riquitos van faser que saben xogar ó golf e experimentar extreme sensations como: comer un bocadillo de anchoas.
Pois ben o resultado non foi moi bo pois quedamos, as UMIA GIRLS, cuartas , tiñamos que ter quedado terceiras pero bueno.Para aclarar dudas, non había só catro éramos 8 equipos de mulleres.
A verdá é que estamos reestructurando o equipo pois somoche un pouco coma a rianxeira: ondiñas veñen ondiñas van. Pero bueno, este ano temos dous super fichaxes (bueno un, que Cris xa é do ano pasado, aínda que debuta este) e Verónica que é un portento físico.

A este non fomos cos homes, ó final foron os pequenos ós que lles tocou compartir torneo con nós. Xa vos podedes imaghinar á Peggi e a min fasendo de supernanis.
Pois ben, gracias ó noso esforso quedaron terceiros.

Non me lío máis que os blogs que suelen ter moita letra sonche os que casi ninguén mira e resultan aburridos.
Deixovos ca primeira remesa de fotos: feitas por Cris.



lunes, marzo 26, 2007

IMPROVE YOUR ENGLISH

Deixade as academias e eses cursos soporíferos de CCC e Home English porque:

Xa tendes aquí o Martina's World!!


Esta semana por fin sae á luz o meu traballo de todos estes meses, foron días de moito traballo, búsqueda e horas sin dormir. Pero mereceu a pena. Este é o meu blog para a aprendizaxe de inglés con contos, cancións, episodios de dibuxos animados...


Pretendo empregalo na oposición pero tamén será unha ferramenta para que calquera utilice co fin de atopar materiais útiles para o ensino ou a aprendizaxe do inglés.


Que mellor maneira de aprender inglés? Hoxe concretamente estou colgando os meus propios vídeos en YouTube ca intención de poder acceder a eles desde este blog interactivo, concretamente vídeos de Bob the Builder, Postman Pat... Boísimos todos eles. Así que esto non vai ser só un blog senón algo así como un canal de tele onde os rapaces e os non tan rapases podan ver as súas series favoritas en inglés. Pensemos que aquí ca obsesión que teñen as cadenas por doblar perdémonos unha exposición os idiomas extranxeiros tremenda.



Pois basta de contos, pasadevos por o Martina's World e comentádeme que vos parece, só tendes que pinchar sobre o meu logo:


lunes, marzo 19, 2007

A comer!

Hoxe o tema vai ser de índole gastronómica. Porque unha como boa ghallegha éche amante do bo comer:



Temos que ter en conta que case todas as festas de Galicia van ligadas á gastronomía, mesmo a xente coñece parte da xeografía galega gracias a estas. Se observades as seguintes imaxes seguro que sabedes realmente a que sitio nos referimos con cada unha:


1.



2.




3.



4.


E ata os rapases na escola farían ben os exames de xeografía se tuveran que colocar no mapa en ves dos nomes dos sitios as ostras, os persebes, a lamprea...

Queda claro pois que o comer non só nos dá placer e quilos senón tamén CULTURA!
Pero sentrémonos nos productos máis representativos da nosa cultura:
O caldiño




O pulpo ( ou polbo)




O marisco!!




O cosido con chourisos, lacon e un bo anaco de tousiño!



E a empanada!



Pero hai quen se decanta pola cosiña máis elaborada, de aspecto claro, porque de sabor non son competensia pa todos os nosos productos. Pois aí vai unha selección de platos para o deleite da vista máis que para o sentido do gusto:




Este é o arroz cuñaaaooo.


Non se pode desir que non son orixinais:

E seguro que máis nutritivos que os nosos.



E seghuro que máis efectivos para redusir as colas da seguridade sosial e aforrar en resetas (medicas).


Pero o pinten como o pinten nada comparable as nosas comedelas: mariscadas, churrascadas, caldeiradas, filloadas, pulpadas...
Se queredes seghir ca lista interminable pinchade aquí e, ala! a recorrer Ghalisia en "platillo"


Se queredes cosiñar estes platos tan decorados pinchade aquí.
Pero se polo contrario queredes faser alghunha das nosas resetas máis típicas só tendes que pinchar aquí.