miércoles, octubre 31, 2007

Hallooooweeeeen!!!



Aquí tendes un par de xoghiños relasionados co Halloween. O primeiro é moi simple solo tendes que diseñar as vosas propias calabasas e o segundo é outro escape pa que pasedes o rato (nos dous sentidos).


E deixovos cunha pequena pregunta que me plantexou hoxe un alumno, a ver quen se aproxima máis ó famoso personaxe que formulou estas palabras: "Nunca estudiaré derecho".
(Ollo, non foi Angueira) A miña resposta foi Carlos Sobera.

martes, octubre 30, 2007

Esquecidas

O domingo pola noite tivemos o honor de asister ó novo corto de Luqui, Esquecidas, que tuvo lugar no auditorio de Galicia.

O corto componse de varias historias protagonizadas por mulleres entrelazadas entre sí pola súa labor de coidadoras de fogar. É unha crítica ás condicións nas que se soen atopar, infrapagadas, sen contrato, con horarios excesivos...
As protagonistas son mulleres da rúa, non profesionais e conta co apoio de Xiara unha asociación daquí de Compostela que vela polos dereitos destas traballadoras.

O acto foi estupendo contou ca intervención de Xurxo Souto como amenizador e cas actuacións musicais de Kérkennai e Uxía.
Se tendes oportunidade ide a vela, creo que vai estar do 17 ó 20 na aula de cultura de Caixanova da Carreira do Conde en Santiago. É por unha boa causa!!

E pos que xa a vistes podedes deixar comentarios no blog de esquecidas.
FELISIDADES LUQUI!!!


E xa cambiando de tema, como sei que xa acabastes os escape que vos deixei, cólgovos outros pa novos pa que non vos aburrades.





E este fácil xoghiño é pas que non vos ghustan os escape, é algo así como 5 en línea, tes que ir eliminando os bichiños, movéndoos pa formar grupos como mínimo de cinco, perdes se se che enchen os recadros destes. Ademais este vaise complicando porque vai incorporando animais novos. Eso si, os bichiños sonche dos máis bonitiño.


E pa acabar : OLA REICHEL QUE SEI QUE TAMÉN NOS LES!!!

Deberías unirte á fiebre blogueira ou polo menos comentar, así non perdemos tanto o contacto.

viernes, octubre 26, 2007

Terror, terrror, terror!!!




Pasouvos algunha ves de intentar recordar algo e non había maneira??
Pois eu levaba uns cantos anos, non estou de coña, intentando recordar o título dunha peli, da que incluso tiña unha especie de recordatorios pa faselo, e resulta que nin recordaba a peli nin os recordatorios. Pois finalmente recordeina o mércores: PHENOMENA. Como podedes ver no trailer vai dunha rapasa que ten poder sobre os insectos e dunha serie de asesinatos que ocorren arredor dela.

E postos a baixar pelis frikis de "terror" en emule, fixen aínda máis memoria, e como internet todo lo puede, conseguín descubrir o título dunha peli que vin hai anos, bueno son 3.
Aquí tendes o trailer de Basket Case, que tamén é o título dunha conocidísima cansionsilla, bueno, Cris non sei se nasera daquela pero bueno, é unha desas cansións que son atemporales, deixoa tamén para que mellores o teu gusto musical e non nos aghobies con esas frikadas que che caracterizan!





The Omega Man e outra desas pelis, Chalton Geston é o xefe da resistencia dos últimos homes e mulleres sobre a terra, estes combaten contra unha especie de zombies que saen na oscuridade. Esta poderíase considerar pois a antecesora da serie "V" ou da tan actual Resident Evil, ou mesmo outra versión do libro Mecanoscrito da segunda orixe.



E pa aqueles como: Peggi, la Priti, Edu... Cos que é imposible poñer unha peli de medo, aínda que non dea medo ningún, deixovos cun episodio dunha serie pa nenos australiana que tamén está colgada no Martina's World, que ten que ver co voso caracter e cas paranoias que vos montades cando oídes un ruido na casa, e de paso mellorades o voso inghlis.



HAPPY HALLOWEEN!!!
ou o que é o mesmo FELIS SAMAIN!!!

lunes, octubre 22, 2007

Vivamos como galegos

Solo vin este vídeo (de momento) unha ves na tele, e ghustoume moito. Realmente reflexa o carácter e a forma de vivir dos galeg@s. Ollo fixádevos na traducción de pulpo á feira da pizarra contra o final do vídeo, é boísima.





E para o grupo de Crisis deixovos un novo escape, pero antes preséntovos un novo formato denominado: point and click, que soen ser aventuriñas que tendes que ir desenvolvendo para que se produza un feito, neste caso a que vos deixo é un pouco gore, pero bueno tendes que axudar ó alien a colonizar, ou máis ben empezar a colonizar a terra. (leva pouco tempo)




E para que non vos aburrades na vosa hora da siesta aquí tendes o prometido escape.

miércoles, octubre 17, 2007

O millor dos últimos 7 días

Foi unha semana (de mércores a mércores) moi completa.

Empecei cumplindo un ano máis, traballando un pouco máis...

Baixei os Andes



Empecei as miñas clases de aerobic...


Outros foron de tour en barco, colgo aquí unha foto túa das que me deixastes no portátil pa que non te sintas tan excluida cos xogos de EScape, vale Peggi??




E para min o millor da semana foi a intervención de Carod-Rovira onte pola noite nun programa de televisión. Recoméndovos que o vexades enteiriño que non ten desperdicio en especial para todos aqueles que non nos sentimos identificados con España porque nos exclúe con opinións e comportamentos como os que demostraron algúns dos invitados ó programa de onte.
Aí queda!



lunes, octubre 15, 2007

O test dos idiotas entre outros

Este test seguro que é conosido xa por moitos/as de vós, está bastante ben.

É un bo brain trainer, o merito é faselo á primeira non despois de tropesientos intentos cando xa intues que ven despois.
Aqueles/as que non soledes faser os xoghos de escapada fasede este, non leva tempo, solo tendes que faser o que vos mandan, vale Peggi, Maruxa, Rita...?

Outra curiosidade que atopei pola rede para todos amantes dos Simpsons e un Simpsomaker, aquí está o que fixen eu.




E por último para todos aqueles que algunha vez buscástedes a Wally, aquí tendes un parque de atraccións onde tendes que encontralo. A principios deste ano comprei un libro deste para usalo para quitar materiais para algunha que outra unidade didáctica. Solo tendes que facer click sobre as fotos para acceder a cada xogo como siempre.

Espero que vos guste!!


domingo, octubre 14, 2007

Cansionsillas

Aquí tendes unhas cantas cansionsillas, famosas moitas, acompañadas de imaxes creadas en flash. Algunhas delas con toque humorístico.
"Head and shoulders..." cantada por Bono, unha versión india dos Simpsons, etc.

Son desas cousas que un encontra na rede sin saber como.

Por serto, imaghinádevos o plan: navegando á deriva pola rede con Cuarto Milenio de fondo, que frikada!!!






jueves, octubre 11, 2007

Barman



Todos alghunha ves exersemos de barman/woman, en festas, traballando pa quitar algúns cartiños, ou mesmo nas nosas propias casas cando o día dunha festa alguén nos pide que lle preparemos un vermout.


Pois ben neste simple xogo tendes que demostrar as vosas dotes mezclando sabores, ollo o barman é moi exixente, ten que ser unha bebida que resulte agradable senón o homiño hasta pode morrer. Outro dato tendes que pulsar prolongadamente nos botóns d'abaixo pa verter o contido das botellas, axitar a coctelera...
A ver canto tarda en prepararlle a Peggi unha das súas caipiroskas?

E pos/pas que xa vos aburristes de darlle a coctelera deixovos con outro escape, esta ves ambientado no interior dun faro, xa sabedes que me encantan os faros, pois que millor ambientasión que nun dos lugares máis bucólicos e góticos do mundo.


Outra cousiña, cando ides á páxina do faro vaivos saír mentras carga un pequeno spot publicitario, que ninguén abandone que dura pouco!

lunes, octubre 08, 2007

Máis Escape





Non somos os que estamos nin estamos os que somos. Xa sei que hai un pequeno grupo en cuestión que está enganchado ás miñas escapadas.

Ola ás compañeiras de Cris, como sei que tendes o mono e nesesitades máis, pois non vos dou unha dosis senón 3.

Cando estudian os estudiantes? Se pasan todo o día conseguindo escapar dos meus xoguiños.
O primeiro é o máis sinxelo, faise nun plis plas, e o último é o máis longo pois hai que ir de cuarto en cuarto, saír ó xardín... Dos 3 o último foi o que máis disfrutei.

miércoles, octubre 03, 2007

Brain trainer




A memoria é realmente o saber, pois aquelo que non recordamos é porque realmente o ignoramos.
Non. Non me poño trascendental. Pensemos por exemplo nun exame: todo aquelo que non recordamos non o podemos escribir, polo tanto o/a profesor/a considera que non o sabemos.


Na actualidade por desghrasia unha das enfermidades máis frecuentes que veñen asociadas á edá ataca á nosa memoria. Que ironía!! Cando temos unha base de datos considerable, con coñecementos adquiridos, vivencias, recordos... Resulta que o ordenador empesa a quedarse colgado, primeiro esporádicamente e logo xa non ensende máis.


Aquí vos deixo cun pequeno xogho xaponés que espero vos sirva polo menos para evitar que o ordenador empese a colgharse.