miércoles, octubre 17, 2007

O millor dos últimos 7 días

Foi unha semana (de mércores a mércores) moi completa.

Empecei cumplindo un ano máis, traballando un pouco máis...

Baixei os Andes



Empecei as miñas clases de aerobic...


Outros foron de tour en barco, colgo aquí unha foto túa das que me deixastes no portátil pa que non te sintas tan excluida cos xogos de EScape, vale Peggi??




E para min o millor da semana foi a intervención de Carod-Rovira onte pola noite nun programa de televisión. Recoméndovos que o vexades enteiriño que non ten desperdicio en especial para todos aqueles que non nos sentimos identificados con España porque nos exclúe con opinións e comportamentos como os que demostraron algúns dos invitados ó programa de onte.
Aí queda!



12 comentarios:

marykinha dijo...

Jajajaja feliz cumpleanos, eu non o sabia, senon houbese escrito unha entradinha para ti, claro que tampouco tenho fotos contigo ou tuas (tiruritiruri!)

En fin, pasao ben e parabens atrasados!

Martina Bugallo dijo...

Graciaaaaaaas!!!

Ri dijo...

mira que eres simpática...non había fotos mellores non??¿¿?..por certo pásate por o meu blog que deixei una canción adicada para vos! ahhh a cea o venres!

Martina Bugallo dijo...

Se estás monísima na foto, ademais véseche morenirma!!
POr min o do viernes perfect.

CRISSS dijo...

Ola alpinista!
Necesitamos un pouco de axuda co hako robo room ese. Non nos da o cerebro pa máis...

Martina Bugallo dijo...

A ver: conseguichedes un vaso unhas tixeiras que están debaixo do sofá, un botiño de pintura...??
Bueno supoño que estaredes na parte máis complicada- conseguir que se vos indique o lugar no chan onde ides ter que dar co mazo: a clave é coller co vaso agua da pecera seleccionar o vaso e mezclar a auga con pintura, esta vólvese rosita. Entón tendes que derramala sobre a monda do plátano e aparece unha raia vermella que remata nunha X ahí dades co mazo, o resto é pan comido. Solo vos queda unha cousiña máis que quitaredes vos solas e xa estades libres.

alex dijo...

Non sabía que estiveras de escalada tan lonxe! Xa contarás!
A min tamén me gustou a intervención de Carod e aínda lle estou a dar voltas a cómo pode haber xente tan maleducada e tan intransixente como para chamarlle "José Luis" con recochineo. Fixo que non se atreven a chamarlle "Jorge Guillermo" a George W. Bush, nin "Toñito" ó señor Blair. Ademais seguro que non che teñen problema ningún en pronunciar nomes como Schuemacher, nin Shakespeare, ainda que non soen nin moi alemáns, nin moi británicos cando os digan. Menudo desprezo por certas (non todas) culturas "alleas"... Será que o descoñecido dá medo? ou será só unha cuestión de sentir unhas culturas e unhas linguas como superiores a outras?

CRISSS dijo...

Misturar a pintura coa auga???
e é posible?
Como se che ocorreu a probar eso???
jejeje

Martina Bugallo dijo...

Contestasión pa Alex: o dos Andes ti non o podes pillar porque foi unha discusión que tiven este fin de semana sobre os de Viven.
Con respecto ó de Carod, menos mal que alguén comenta algo sobre o vídeo, porque a min paréceme moi forte e como dis ti dunha falta de educación (é desir ignorancia) tremenda.

Pa Crisis: vouche ser franca e non minto, solo ver a pintura e encher o vaso de agua e xa me dei conta, tardei un pouco en descubrir onde a tiña que derramar.

Un consello o do faro é moi complicado, eu non o acabei porculpa dun estúpido código que no descubrín que ten algo que ve con Einstein. Sorte!!!

Renano dijo...

Ola
E parabéns moi atrasadisimas desde o 10 do 10 a rapaza 10, pasousem ese día que xa andaba polo aire.

Con respecto ao video de Carod-Rovira, si que o vin case en directo, xa sabes que internet fai marabillas...
O comentario que podo facer é o riso que me deu o rapaciño ese da preghunta do exame en Catalunya e Castela, ao final xa non sabía como saír o tipo vese que non teñen retroactividade nas súas cabeciñas españoleiras, seica pensaba que o Carod ía quedar calado...Pareceume moi ben toda a entrevista e o Carod moi intelixente, xa o sabía, e acabou de me convencer. E que me dis do careto da outra vella...cando lle di que non ten intención de parender catalán...para escacharse e para flipar co ben que saiu o Rovira.

Bicos e espero actualizar un pouco máis a páxina

Martina Bugallo dijo...

Por fin nos visitas. Descubrín que tiñas un blog no de Peggi. E a ver se é verdá que o actualizas máis.

spike dijo...

Eu a última en darme conta... Moi feliz cumpleanos con retraaaaso!!!
Eu vin en directo a entrevista a Carod, e non parei de sorrir (nalgún momento rir a gargalladas). Vaia elegancia e claridade nas respostas, e que ben calou esas boquiñas malintencionadas. O rapaz e a vella sacáronme de quicio: dúas monas que quedaron ben mal.