martes, octubre 30, 2007

Esquecidas

O domingo pola noite tivemos o honor de asister ó novo corto de Luqui, Esquecidas, que tuvo lugar no auditorio de Galicia.

O corto componse de varias historias protagonizadas por mulleres entrelazadas entre sí pola súa labor de coidadoras de fogar. É unha crítica ás condicións nas que se soen atopar, infrapagadas, sen contrato, con horarios excesivos...
As protagonistas son mulleres da rúa, non profesionais e conta co apoio de Xiara unha asociación daquí de Compostela que vela polos dereitos destas traballadoras.

O acto foi estupendo contou ca intervención de Xurxo Souto como amenizador e cas actuacións musicais de Kérkennai e Uxía.
Se tendes oportunidade ide a vela, creo que vai estar do 17 ó 20 na aula de cultura de Caixanova da Carreira do Conde en Santiago. É por unha boa causa!!

E pos que xa a vistes podedes deixar comentarios no blog de esquecidas.
FELISIDADES LUQUI!!!


E xa cambiando de tema, como sei que xa acabastes os escape que vos deixei, cólgovos outros pa novos pa que non vos aburrades.





E este fácil xoghiño é pas que non vos ghustan os escape, é algo así como 5 en línea, tes que ir eliminando os bichiños, movéndoos pa formar grupos como mínimo de cinco, perdes se se che enchen os recadros destes. Ademais este vaise complicando porque vai incorporando animais novos. Eso si, os bichiños sonche dos máis bonitiño.


E pa acabar : OLA REICHEL QUE SEI QUE TAMÉN NOS LES!!!

Deberías unirte á fiebre blogueira ou polo menos comentar, así non perdemos tanto o contacto.

No hay comentarios: