martes, octubre 31, 2006

Un día gris

Hoxe levanteime e deime conta que era un día gris, deses que non sabes que faser ca moral dun gato deses que vai pola sesta vida, pero aínda pa máis un gato de trapo.

Decides recurrir á comida, fiel compañeira cando a moral está tan baixa, pero non che entra nada:

Entón reflexionas en temas tan filosóficos como: de onde vimos, a onde vou, que lugar ocupo no mundo???

Daste conta que non encaixas, que eres diferente, que non miras na mesma dirección que o resto, son un bicho raro???

Recurres á música, a esas cancións que sabes que che van a animar, pero nada.

Sigues estando inmerso nesa luz gris que trouxo o día sin saber que facer

Entón decides visitar a alguén divertido, que o ve todo rosa, sin problemas nin comeduras de cabeza.

Pero non resulta. E pides consello a ese que sabe de todo, e que sempre atopa solucións.

Pero como non nos suele decir o que queremos escoitar, recurres a quen sempre che dá a razón.

Pero como te das conta que non é o que necesitas buscas cousas máis novedosas, ideas máis descabelladas.

Das que finalmente non quitas nada, e solo acabas pensado está como unha chota!! E decides buscar alguén que se sinta coma ti, que só ve pedras no camiño...


O que che sume aínda máis nunha depresión. E sin saber como atópaste na rúa con aqueles ós que o amor lles sonríe.

E pensas que guai que alguén se leve tan ben e decides ir de tendas para levantar o ánimo. Viva o espíritu consumista que o cura todo!!!


Menos a ti, que chegas á casa coa compra e sites como cada vez te fundes máis no fondo da bolsa onde ó fin e ó cabo só hai trapos.

E recurres a buscar, o que xa tiñas en amigos novos, que non teñen nada que ver contigo.

E como cada vez te sintes máis perdido recordas os vellos e non tan suxerentes, pero a fin de contas os que valen a pena.


É durante un bo espacio de tempo quedaste quieta mirando todo o que che pasou ó largo do día ata darte conta que realmente non existe causa para estar así.

E pouco a pouco baste dando conta que sigues sendo ti, xa non es de trapo senón de carne e óso, xa che apetece saír, divertirte cos teus, nada che agobia...

Volves a ser ti co teu bo sentido de humor, cos teus pasatempos , un gato sen complexos.

viernes, octubre 27, 2006

Caixa nova


Este día tiven que ir ó banco a arreglar uns papeles e vin un cadro que me chamou moito a atención, este que está aquí. O pintor é Xavier Pousa. Pois ben gustoume tanto que estuven buscando en internet o susodicho ata que finalmente o encontrei. A foto perde moito pero se queredes velo en vivo y en directo so tendes que ir ó caixa nova que está aquí en Santiago en República del Salvador (pa os que non vos enterades cas rúas está na que sube da praza Roxa, na que está Zara). Ide a velo!




Pois buscandoo pola rede metín a palabra mimosas nun buscador e atopei o seguinte:


Pois estas flores tan singulares ata lle dan nome a unha rúa.

http://www.latramontane.fr/archives/argeles-mimosas.htm

jueves, octubre 19, 2006

Festa en Manselle!!


POIS AQUÍ ESTÁN AS FOTOS TAN ESPERADAS DA COMISIÓN


De dereita a esquerda: Lupe, cantante,Cristina, cantante, Seve, cantante, Rita.
Faltamos Amparo e máis eu, Amparo xa marchara e eu camufleime entre a
multitú pa que non me obligaran a subir.

Aquí vemos como bordan á perfesión o reguetón...
Esas gotiñas que se ven nas fotos son chuvia, porque a verdá é que estuvo unha noite un tanto mala, pero nada que non se pudera arreglar cunhas, tan recomendadas por la tabernera...


Pois ben Rita tiña unhas:



Cristina tiña unhas:


Seve tiña unhas:


Lupe tiña unhas (de marca claro):
Amparo tiña unhas:
Angueira tiña unhas:
Eduardo tiña unhas:
Rafa tiña unhas:
Milagros tiña unhas:
Raquel tiña unhas:
Ovidio tiña unhas:
Otilia tiña unhas:
Virtudes (que tanto rosmou) tiña unhas:
As rapasas que bailaban diante do palco tiñan unhas:
María del carmen tiña unhas:
Ata os máis pequenos tiñan unhas:
Moncho tiña unhas:
Jacobo tiña unhas:

Marucha tiña unhas:
Os que estaban na barra tiñan unhas:
Os da orquesta tiñan unhas
Por suposto eu tiña unhas:




En definitiva todo o mundo tiña unhas...
Ata os que quedaron na casa murmurando tiñan unhas:

martes, octubre 17, 2006

Consellos


Hoxe vou tratar un tema que a todos nós que traballamos con linguas nos é de especial axuda. Cantas veces non dudamos a pronunciación dunha palabra e recurrimos ó supertocho diccionario para ver a transcrición fonética, pois aquí vos envío un briconsello deses tan útiles:
metédevos nesta dirección e escribide un párrafo, unha palabra, unha frase... Esta máquina tan especial axúdavos a ver como se pronuncia.

http://demo.acapela-group.com/

Xa me comentaredes que vos pareceu o meu truquito, seguro que vos aforra cantidade de tempo, e ademais non só é útil para o inglés tendes outros idiomas e mesmo elixides falante: masculino ou fiminina según preferencias, máis lento ou máis rápido...
A min estame servindo de gran utilidade agora que estou preparando as opos, pois temos que preparar cada semana un tema para expoñer oralmente diante dos compañeiros e a páxina axuda moito, por non decir moitísimo!!!

martes, octubre 10, 2006

Estou de cumple!!


Pois si, cumplo a raíz cadrada de 784, ala a faser cálculos.
Xa teño a


O ideal e cumplilos, pois se non se cumplen malo.

Bueno, a felicitarme que toca!!!



O rato dimo en Inglés pero aquí podedes ler como se di noutro idiomas, que non son poucos e mesmo en esperanto:


Armenian
Taredartzet shnorhavor! or Tsenund shnorhavor!


Assyrian
Eida D'moladukh Hawee Brikha!


Austrian-Viennese
Ois guade winsch i dia zum Gbuadsdog!


Basque
Zorionak!


Bulgarian
Chestit Rojden Den!


Cambodian
Som owie nek mein aryouk yrinyu!


Catalan
Per molts anys! or Bon aniversari! or Moltes Felicitats!


Chinese-Mandarin
qu ni sheng er kuai le


Croatian
Sretan Rodendan!


Czech
Vsechno nejlepsi k Tvym narozeninam!!


Danish
Tillykke med fodselsdagen!


Dutch
Hartelijk gefeliciteerd! or Van harte gefeliciteerd met je verjaardag!


Esperanto
Felichan Naskightagon!


Estonian
Palju onne sunnipaevaks!


Euskera
Zorionak zure urtebetetze egunean!

Finnish
Hyvaa syntymapaivaa!


French
Joyeux Anniversaire!


Frisian
Lokkiche jierdei!
Gaelic (Irish)


Lá breithe mhaith agat!
Gaelic (Scottish)


Galician (Spain)
Ledicia no teu cumpreanos!


German-Badisch
Allis Guedi zu dim Fescht!


German-Bavarian
Ois Guade zu Deim Geburdstog!


German-Berlinisch
Allet Jute ooch zum Jeburtstach! or Ick wuensch da allet Jute zum Jeburtstach!

German
Alles Gute zum Geburtstag!


Greek
Eytyxismena Genethlia! or Chronia Pola!


Greenlandic
Inuuinni pilluarit!


Gronings (Netherlands)
Fielsteerd mit joen verjoardag!


Gujarati (India)
Janma Divas Mubarak!


Gujrati (Pakistan)
Saal Mubarak!


Guarani (Paraguay Indian)]
Vy-Apave Nde Arambotyre!


Hawaiian
Hau`oli la hanau!


Hebrew
Yom Huledet Same'ach!


Hiligaynon (Philippines)
Masadya gid nga adlaw sa imo pagkatawo!


Hindi (India)
Janam Din ki badhai! or Janam Din ki shubkamnaayein!


Hungarian
Boldog szuletesnapot! or Isten eltessen!


Icelandic
Til hamingju med afmaelisdaginn!


Indonesian
Selamat Ulang Tahun!


Irish-gaelic
La-breithe mhaith agat! or Co` latha breith sona dhut! Or Breithla Shona Dhuit!


Italian
Buon Compleanno!

Japanese
Otanjou-bi Omedetou Gozaimasu!


Korean
Saeng il chuk ha ham ni da!


Kurdish
Rojbun a te piroz be!


Latin
Fortuna dies natalis!


Latvian
Daudz laimes dzimsanas diena!


Lithuanian
Sveikinu su gimtadieniu! or Geriausi linkejimaigimtadienio progal


Luganda
Nkwagaliza amazalibwa go amalungi!


Luxembourgeois
Vill Gleck fir daei Geburtsdaag!


Macedonian
Sreken roden den!


Malayalam (India)
Pirannal Aasamsakal! or Janmadinasamsakal!


Malaysian
Selamat Hari Jadi!


Maltese
Nifrahlek ghal gheluq sninek!


Maori
Kia huritau ki a koe!


Marathi (India)
Wadhdiwasachya Shubhechha!


Mbula (Umboi Island, Papua New Guinea)
Leleng ambai pa mbeng ku taipet i!


Mongolian
Torson odriin mend hurgee!


Navajo
bil hoozho bi'dizhchi-neeji' 'aneilkaah!


Niederdeutsch (North Germany)
Ick gratuleer di scheun!


Nepali
Janma dhin ko Subha kamana!


Norwegian
Gratulerer med dagen!


Oriya (India)
Janmadina Abhinandan!


Papiamento (lower Dutch Antilles)
Masha Pabien I hopi aña mas!


Pashto (Afganistan)
Padayish rawaz day unbaraksha!


Persian
Tavalodet Mobarak!


Pinoy (Philippines)
Maligayang kaarawan sa iyo!


Polish
Wszystkiego Najlepszego! or Wszystkiego najlepszego zokazji urodzin! wszystkiego najlepszego z okazji urodzin


Portuguese (Brazil)
Parabens pelo seu aniversario! or Parabenspara voce! or Parabens e muitas felicidades!


Portuguese
Feliz Aniversario! or Parabens!


Punjabi (India)
Janam din diyan wadhayian!


Rajasthani (India)
Janam ghaanth ri badhai, khoob jeeyo!


Romanian
La Multi Ani!


Rosarino Basico (Argentina)
Feneligiz Cunumplegeanagonos!


Russian
S dniom razhdjenia! or Pazdravliayu s dniom razhdjenia!


Sami/Lappish
Lihkos Riegadanbeaivvis!


Samoan
Manuia lou aso fanau!


Sanskrit (India)
Ravihi janmadinam aacharati!


Sardinian (Italy)
Achent'annos! Achent'annos!


Schwyzerduetsch (Swiss German)
Vill Glück zum Geburri!


Serbian
Srecan Rodjendan!


Slovak
Vsetko najlepsie k narodeninam!


Slovene
Vse najboljse za rojstni dan!


Sotho
Masego motsatsing la psalo!


Spanish
Feliz Cumpleaños!


Sri Lankan
Suba Upan dinayak vewa!


Surinamese
Mi fresteri ju!


Swahili
Hongera! or Heri ya Siku kuu!


Swedish
Grattis på födelsedagen


Taiwanese
San leaz quiet lo!


Tamil (India)
Piranda naal vaazhthukkal!


Telugu (India)
Janmadina subha kankshalu!


Telugu
Puttina Roju Shubakanksalu!


Thai
Suk San Wan Keut!


Tibetan
Droonkher Tashi Delek!


Tulu(Karnataka - India)
Putudina dina saukhya!


Turkish
Dogum gunun kutlu olsun!


Ukrainian
Mnohiya lita! or Z dnem narodjennia!


Urdu (India)
Janam Din Mubarak


Urdu (Pakistan)
Saalgirah Mubarak!


Vietnamese
Chuc Mung Sinh Nhat!


Visayan (Philippines)
Malipayong adlaw nga natawhan!


Welsh
Penblwydd Hapus i Chi!


Xhosa (South Afican)
Imini emandi kuwe!


Yiddish
A Freilekhn Gebortstog!


Yoruba (Nigeria)
Eku Ojobi!


Zulu (South Afican)
Ilanga elimndandi kuwe!

martes, octubre 03, 2006

Selección galega


Este fin de semana disputouse en Ferrol o campeonato por autonomías no que Galicia obtivo bos resultados. Os sub-18 quedaron terceiros, as mulleres quedamos segundas e os homes primeiros. Este é o seu segundo ano de campeóns por autonomías.
As mulleres como siempre perdemos ante as madrileñas por chosca, pero bueno. Prometo colgar fotos o antes posible, temos unha bastante divertida cos pequerrechiños.
O equipo dos pequeniños estivo basicamente polo Umia. Das mulleres fomos 4 do Umia e dos homes 4 tamén.
Acabouse a tempada e toca reflexionar cara o ano que ven e intentar mellorar todo aquelo que este ano fallou. Este mes de outubro é o mes de descanso e en novembro retomamos entrenamentos, viaxes, frío, etc.
Por certo se queredes ver algunha foto do Umia podedes visitar o blog do club que está aquí na columna do lado.
Estes días Peggi anda liada, e ando eu de encarghadilla das fotos, que conste que xa había moito que non se colgaba nada pois a ghefa perdera a contraseña.

viernes, septiembre 08, 2006

LEITE

Esta entrada non ven ó caso pero bueno, pero non puiden resistir a tentación de colgar esta campaña coreana para o consumo do leite entre os máis pequenos. A verdá é que é unha cucada!
Pensade pois en posibles temas alternativos que o vídeo pode suscitar:o calcio, as vacas, a cuota leiteira... Pensade neste anuncio aquí en Galicia: i . e. consumir máis SI pero producir máis NON, é millor tirar co leite, bo claro, porque o que consumimos xa non é leite.
Algunha vez tomáchedes leite de vaca sen pasar por diálisis? Non ten nada que ver co de cartón. A primeira vez que probei o de cartón dudei se realmente o quitaban da vaca...



Milk on YouTube

jueves, septiembre 07, 2006

Amsterdam

Xa estou de volta!!
Para que vos fagades á idea de todo o que hai pa ver nun país tan pequeno colgo este vídeo, dunha xente que nin coñezo, pero que narran á perfección todas as visitas obligadas a Amsterdam.
Eu podería desilo máis alto pero non máis claro.
Conformádevos de momento ata que Peggi se digne en pasarme todo o material da nosa corta visita.

Amsterdam on YouTube


miércoles, julio 19, 2006

Viaxando pola música - EPISODIO II

Neste segunda viaxe voamos á India. Alí atopamos unha canción pegadiza titulada CHUNARI CHUNARI, que significa a miña bufanda vermella.
O cantante recordanos o título ó longo de todo o vídeo...
É unha das cancións que aparecen na película creada en Bollywood: La boda del Monzón.
Pertence á denominada hindi music e os cantantes son: ABHIJEET, ANURADHA SRIRAM & CHORUS .
Tanto o vídeo como a canción non teñen desperdicio, xa me comentaredes se vos gustou.




Chunari on YouTube

martes, julio 18, 2006

Viaxando pola música - Episodio I

Neste primeiro episodio ímonos a Brazil onde atopamos a Arnaldo Antunes, Marisa Monte ( que ten unha voz que mata) e Carlinhos Brown: os TRIBALISTAS.
Esta é unha das miñas cancións favoritas, desas que adoito poñer nos "Martrolas very best", a primeira vez que a oín foi facendo un curso de informática (PowerPoint) en Filoloxía, faltábanme créditos e completeinos con tropecientos cursos.


Ja sei namorar on YouTube

lunes, julio 10, 2006

Outro meme


Pois ben aí van as miñas respostas para a invitación de Mariña:
- 10 anos atrás...salir, festas no piso, salir, algún que outro ligue, salir, latar a clase,etc.
.- 5 anos atrás...centrarme un pouco: ir a clases de pintura, ir a entrenar, ir a competir, pintar, estudiar un pouco...
.- 1 ano atrás...traballar, pintar, entrenar, competir...
.- Onte...praia con Rita e Angueira, tomar o sol, nadar, coller mexillóns e ameixas de furtiva, cenar os mexillóns que estaban boísimos!!!
Mañá...traballar, facer a comida, ver Friends, pintar, ver tele ou peli baixada de internet e a durmir, se non hai accidentes, defuncións... que cambien este día tan rutinario.
.- Snacks...JUMPERS son tola por eles
.-Cinco bandas e/ou artistas... Sade, Dido, Bryan Adams, Dover, Ottis Reding, Moloko, Cramberries ,creo que xa me pasei.
- Cousas que faría con 100.000.000 €: eu tolear non, creo e non me equivoco que o iba pensar moito, invertiría non sei aínda en que, donaría unha suma bastante importante a desenrolo no terceiro mundo, e aquí entre nós que tamén hai moita necesidade, faríame un bo plan de pensións, compraríame un par de cuadros ós que lle teño ganas, donaría a algunha protectora de animais... (ocórrenseme tantas cousas, eso sí nada de Caribe, coches, xoias ou trapalladas)
- Cinco lugares aos que me gustaría ir...contan lugares espaciais ou temporales tamén? Se contan temporales: futuro e pasado: Idade Media, Prehistoria, Exipto, Roma...
Espaciais tempo actual: Australia, China, Nova Zelanda, Grecia e a miña querida Rusia.
- Cinco malos hábitos que teño...
1. Tirar ó poste, teño unha probabilidade altísima.
2. Interrumpir ou cambiar o tema cando alguén fala.
3. Ser moi desordenada.
4. Usar moitos tacos, especialmente coño.
5. Deixar para mañan o que no teño por que facer hoxe: estudiar, traballos...
Non ter o cepillo de dentes co resto dos da casa, é antihixiénico alí todas as bacterias de todas as bocas en contacto...

.- Cinco cousas que me gusta facer...
1. Pintar.
2. Xogar ó Kaiak polo.
3. Ver pelis de terror.
4. Preparar o xardín, atender o meu viveiro, plantar, podar...
5. Ir de viaxe co Umia, esas charlas tan trascendentales que temos de camiño unen moito.
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... tanga (incomodísima), armas de fogo, vestido novia, drogas duras, violencia.
- Cinco programas de TV que me gustan...cuarto milenio, mujeres desesperadas, CSI, expediente X, House
- Cinco películas que me gustan. Psicosis, Amelie, The Ring, La vida es bella,
- Cinco persoas que me gustaría coñecer... Indurain, Ralph Fienes, ós meus tataranetos, Klimt, Mucha, Castelao... E á doble boa de Mariña, e que sempre tiven fixación cos xemelos é un tema que me obsesiona.
- As cinco cousas que máis disfruto.
1. As cenas coas compañeiras de equipo.
2. Unha boa comida (empanada de miña nai ou calquera otra delicatesen desas que ela tan ben fai).
3. Unha boa canción ( e que son melómana: canto na ducha, mentras como, os anuncios da tele, etc.
4. Unha boa broma feita por min, algunha desas trolas (Mar - trolas) que ni dios cre e que consigo que a crean (María del Monte en Eurovisión...)
5. Un bo gol deses bombeados ou moi esquinados que salen de vez en cando.
- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequena:
1. A miña caperucita.
2. Pelota volei, pelota brilé...
3. A bicicleta.
4.Raquetas
5. Tellas da sorte da mariola, que gardaba no queixón da mesilla de noite como ouro en paño e que sempre mas tiraba miña nai.
E todos aqueles xoguetes máis de tendencia masculina: pistolas, metralletas con luces, coche teledirixido, tren eléctrico... que noso bisavó nos compraba porque el quería netos non netas e pa compensar...
Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo...
Alex xa está collida?
E que a xente que me le: compañeiras equipo, Rita, Angueira...Non teñen blog con lo cual son meros receptores pasivos que non o van facer.

jueves, julio 06, 2006

Moloko



Non comentei nada na entrada anterior dos resultados de liga española en Ferrol de hai dous fins de semana, pois estou pendente de que me pasen fotos para colgar.
Pois quedamos terceiras outra vez, viñemos con trofeo nós e os pequerrechiños, que xa non son tan pequenos (algún xa fixo selectivo este ano). Eles quedaron segundos, un resultado boísimo, e que dá gusto velos xogar!
O vídeo que vos colgo aquí e que tamén ides ter na barra da dereita en Vídeos é unha canción que me encanta dun grupo que non coñece todo o mundo e que se chama Moloko, o vídeo titúlase ´The time is now .
Alex xa me comentaras se che gusta, seguro que ti os controlas, non?

¿Quen son MOLOKO? Reposta: Roisin Murphy e Mark Byrdon. Moloko é unha referencia á bebida que se bebía no Karova Milk Bar de La Naranja Mecánica. Conocéronse en Shefield. Roisin, irlandesa, non cantara nunca antes en ninguna banda. Nunha festa acercouse a Byrdon (productor, arreglista e remezclador en alza) e fíxolle a pregunta que o empezaría todo: Do you like my tight sweater? A Mark non só lle gustou o xersei, senón que o inspirou para un tema que se convertiría no título do seu primeiro álbum.

Teño que reconocer, para que no digas despois, que os descubrín gracias a Angueira.