lunes, diciembre 10, 2007

Welcome chuvia!

Por fin veu a chuvia!
Despois de meses de ausenseia por fin se deixou ver, pero pouca cantidade.

E os que tamén chegharon foron os adornos navideños, que xa hai casi un mes que decoran rúas, os escaparates e os xardíns. Hasta a meu pai este fin de semana se lle ocurreu decorar un dos árboles do xardín. Teño que reconoser que a min o de decorar o árbol ghustame, de feito hoxe comprei no LIDL piñas, bolas e corasóns de chocolate pa colgharlle. É un bo sistema pa non ter que recollelos cando acaban as festas.


Imos empesar cun vídeo (que non a tod@s lles ghustan os xoghiños vale Cris?).
Titúlase RUSSIAN NIGHTMARE. A verdá e que hai meses que teño este vídeo en favoritos e non me acordei máis del. Sólo tendes que darlle ó play e xa entrades dentro do cuarto (chulísimo desta nena). Ollo Peggi o conto ten un toque entre terror e suspense.



Unha cansión que asosio moito a estas datas é esta, a parte de ser unha cansión que me encanta. Titúlase Miss Sarajevo e interprétana U2 e Pavarotti.








E pa esas ludópatas que de estudiar non queren saber nada e o primeiro que fan cando me encontran pola rúa é pedirme xoghos aí van uns cantos. De temática navideña claro!




Como vedes os dous primeiros son dous escape,

e este último un point and click, a pasalo ben!

lunes, diciembre 03, 2007

Ilusións ópticas



Quen é Julian Beever? Julian Beever é un artista británico que se dedica a dibuxar con tisa no asfalto, e crea cousas coma estas, imaxes en 3D utilisando un método denominado "anamorfosis" que dá lugar a estas ilusións ópticas. Ollo!, as superfisies sobre as que pinta son planas aínda que non o paresan.

















Hoxe viaxando pola rede atopei unhas bolsas moi orixinais, están moi ben pensadas e tamén están moi relasionadas cas ilusións ópticas. Aquí colgho alghunhas delas.








E como non podían faltar xogos ou experimentos relacionados cas ilusións ópticas, solo tendes que pinchar sobre a imaxe da bombilla e ala a alucinar un pouquiño!

jueves, noviembre 29, 2007

Monopoly


Quen non xogou algunha ves ó Monopoly? Teño que reconoser que miña sister é unha espesialista, siempre ghana.
O malo do Monopoly é que se necesitan polo menos dous xogadores máis, a parte de un, porque senón é un aburrimento.
Pois aquí tendes a solución podedes xogar ó monopoly en solitario con esta versión on line que vos fasilito, chámase Dice Mogul. Está moi ben. Ademais incorpora uns bonos que vos axudarán a roubarlle propiedades ós outros, non pagar nalgún dos turnos, mandar a algún ó hospital...

Neste outro tendes que localizar a xente que vos van mostrando abaixo, é unha maneira de entrenar a visión panorámica ou global sobre unha multitude. Este engancha un pouco, vale Mary?, que sei que aínda andas a voltas co Pupet Five.




Para os que non dades feito na vida diaria: ter a casa limpa, armario ordenado, cada cousa no seu sitio... Aquí tendes un xogo, para min estresaaante, pois é contra-reló. Tendes que axudar a este tipiño, por serto moi paresido a Sarkozy, a poñer todo en orden. A verdá é que o Sarcozy tamén che ten ultimamente moi desordenada Francia, non?





E por último para tod@s os adictos ó chocolate aquí tendes a oportunidade de ser os traballadores dunha planta onde se fabrica este vicio. A ver se todas as inxeñeiras químicas: Crisis, Esther, compañeiros Crisis, son capaces de facer as mezclas axeitadas que vos vai ir mandando o voso responsable de prácticas. (Cris espero que as prácticas na Nestle valan de algho!!).


Tanto ver o dichoso chocolate doume ghanas de comer, abur vou tomar un par de pastillas!

De chocolate, mal pensados!

Do de comer!!

lunes, noviembre 26, 2007

Lúdicos S.L.











Como ahora os días duran pouco e as noites son moi longas, e non tendes en que matar o tempo decidín que eu vou ser a vosa TEMPO KILLER!!
E empesamos cuns pequenos xoguiños de Scoobydoo.


Neste que vos presento aquí tendes que salvar os caracoles da cosiña do chef Alcabrass


viernes, noviembre 16, 2007

O baile do capón

Hoxe viaxamos a unha localidade galega próxima a Santiago para observar o apareamento do capón.
Como vedes mediante un baile a base de torsión e movementos casi imposibles o macho intenta espantalos rivais e arrimarse ás femias.




Fixádevos ben que é un especimen que seguro que reconosedes!!

Hema e animaliños

Aquí temos unhas point and click aventuras. O protagonista da primeira é este koala australiano que recibe unha carta de Santa e ten que ir visitalo para axudarlle pois xa se achega a Navidá.




Outra cousa peculiar é a páxina do Hema en Holanda, que morriña! Mirádea que non ten desperdicio de productos: é unha tenda na que podes comprar de todo: dulces, roupa, productos de papelería... E incluso comer e ir ó baño, pagando claro, verdá Rita!
A páxina está preparada para funcionar enlazando productos baixo o efecto dominó.


martes, noviembre 13, 2007

South Mar


Como todas quedastes tan contentas cas vosas réplicas exactas, pero a menor escala, aquí tendes a cada unha de vos como estrellas invitadas na serie South Park. Unha serie à que estiven enganchada cando se estrenou, xa hai uns cantos anos.
Novamente non dou nombres, cada unha que se identifique con quen queira, pero quen é quen??
Esta ves non hai premio, pois deime conta que na entrada anterior só partisipastes polo premio "interesadillas!!" como ninguén o consigueu a ver se vai desta.

Esta ves é moi fásil, eu mesma, asesorada por Angui (mira que nos rimos ca elaborasión das vosas réplicas) fixemos os dibuxos.
E como a muñeca Trolas estaba tan solisitada na entrada anterior aquí a tendes, resumindo: tendes unha Pegi, unha Cris, unha Esther, unha Priti,unha Mary por Dios, unha Maruxa e unha Martrolas: guess who!!
Se alguén quere visitar a páxina de creación de personaxes que pinche aquí.
Por serto acábome de dar conta que é martes 13. Mola.

viernes, noviembre 09, 2007

Muñecos


Hai culturas que cren en deuses que nos moven como se fósemos pequenos muñequiños, pequenas marionetas esperando as decións desas mans poderosas.
Pois é serto!!
Conseguín como Jack o dos feixóns máxicos subir ó faiado deste xigante e mirade o que encontrei: a todos estes personaxes. Sodes capases de identificar a todos???
Tendes que nombralos de esquerda a dereita.

Pero non acaba aquí a cousa, tamén atopei unha pequena caixa con varias muñecas co seu nome colgado na espalda: Mary por dios, Cris, Peggi, la Priti (Rita), Maruxa e Ester, podedes desir quen é quen?










miércoles, octubre 31, 2007

Hallooooweeeeen!!!



Aquí tendes un par de xoghiños relasionados co Halloween. O primeiro é moi simple solo tendes que diseñar as vosas propias calabasas e o segundo é outro escape pa que pasedes o rato (nos dous sentidos).


E deixovos cunha pequena pregunta que me plantexou hoxe un alumno, a ver quen se aproxima máis ó famoso personaxe que formulou estas palabras: "Nunca estudiaré derecho".
(Ollo, non foi Angueira) A miña resposta foi Carlos Sobera.

martes, octubre 30, 2007

Esquecidas

O domingo pola noite tivemos o honor de asister ó novo corto de Luqui, Esquecidas, que tuvo lugar no auditorio de Galicia.

O corto componse de varias historias protagonizadas por mulleres entrelazadas entre sí pola súa labor de coidadoras de fogar. É unha crítica ás condicións nas que se soen atopar, infrapagadas, sen contrato, con horarios excesivos...
As protagonistas son mulleres da rúa, non profesionais e conta co apoio de Xiara unha asociación daquí de Compostela que vela polos dereitos destas traballadoras.

O acto foi estupendo contou ca intervención de Xurxo Souto como amenizador e cas actuacións musicais de Kérkennai e Uxía.
Se tendes oportunidade ide a vela, creo que vai estar do 17 ó 20 na aula de cultura de Caixanova da Carreira do Conde en Santiago. É por unha boa causa!!

E pos que xa a vistes podedes deixar comentarios no blog de esquecidas.
FELISIDADES LUQUI!!!


E xa cambiando de tema, como sei que xa acabastes os escape que vos deixei, cólgovos outros pa novos pa que non vos aburrades.





E este fácil xoghiño é pas que non vos ghustan os escape, é algo así como 5 en línea, tes que ir eliminando os bichiños, movéndoos pa formar grupos como mínimo de cinco, perdes se se che enchen os recadros destes. Ademais este vaise complicando porque vai incorporando animais novos. Eso si, os bichiños sonche dos máis bonitiño.


E pa acabar : OLA REICHEL QUE SEI QUE TAMÉN NOS LES!!!

Deberías unirte á fiebre blogueira ou polo menos comentar, así non perdemos tanto o contacto.

viernes, octubre 26, 2007

Terror, terrror, terror!!!




Pasouvos algunha ves de intentar recordar algo e non había maneira??
Pois eu levaba uns cantos anos, non estou de coña, intentando recordar o título dunha peli, da que incluso tiña unha especie de recordatorios pa faselo, e resulta que nin recordaba a peli nin os recordatorios. Pois finalmente recordeina o mércores: PHENOMENA. Como podedes ver no trailer vai dunha rapasa que ten poder sobre os insectos e dunha serie de asesinatos que ocorren arredor dela.

E postos a baixar pelis frikis de "terror" en emule, fixen aínda máis memoria, e como internet todo lo puede, conseguín descubrir o título dunha peli que vin hai anos, bueno son 3.
Aquí tendes o trailer de Basket Case, que tamén é o título dunha conocidísima cansionsilla, bueno, Cris non sei se nasera daquela pero bueno, é unha desas cansións que son atemporales, deixoa tamén para que mellores o teu gusto musical e non nos aghobies con esas frikadas que che caracterizan!





The Omega Man e outra desas pelis, Chalton Geston é o xefe da resistencia dos últimos homes e mulleres sobre a terra, estes combaten contra unha especie de zombies que saen na oscuridade. Esta poderíase considerar pois a antecesora da serie "V" ou da tan actual Resident Evil, ou mesmo outra versión do libro Mecanoscrito da segunda orixe.



E pa aqueles como: Peggi, la Priti, Edu... Cos que é imposible poñer unha peli de medo, aínda que non dea medo ningún, deixovos cun episodio dunha serie pa nenos australiana que tamén está colgada no Martina's World, que ten que ver co voso caracter e cas paranoias que vos montades cando oídes un ruido na casa, e de paso mellorades o voso inghlis.



HAPPY HALLOWEEN!!!
ou o que é o mesmo FELIS SAMAIN!!!

lunes, octubre 22, 2007

Vivamos como galegos

Solo vin este vídeo (de momento) unha ves na tele, e ghustoume moito. Realmente reflexa o carácter e a forma de vivir dos galeg@s. Ollo fixádevos na traducción de pulpo á feira da pizarra contra o final do vídeo, é boísima.





E para o grupo de Crisis deixovos un novo escape, pero antes preséntovos un novo formato denominado: point and click, que soen ser aventuriñas que tendes que ir desenvolvendo para que se produza un feito, neste caso a que vos deixo é un pouco gore, pero bueno tendes que axudar ó alien a colonizar, ou máis ben empezar a colonizar a terra. (leva pouco tempo)




E para que non vos aburrades na vosa hora da siesta aquí tendes o prometido escape.