martes, octubre 28, 2008

Días de ghripe



Como moit@s de vós sabedes estou enferma, levo dous días sin ir traballar. Dous larghos días que me deron pa poñerme ó día en cantidá de cousas, eso si, entre kleenex e kleenex.
Bueno estas son alghunha das cousas que fixen: acabar programacións, acabar uns papeles que teño que entreghar pa un ghrupo de traballo, ver alghunha das pelis que me baixou a mula, cosiñar...
Como vedes na foto hoxe preparei unhas pechughas de polo recheas de queixo semicurado e champiñóns. Que como as fixen? Collede papel e lapis:
primeiro preparei na sartén os champiñóns (laminados) con cebola un pouco de aceite, sal e un chorro dun líquido indonesio que me enviou miña nai (de Holanda) que sabe como dulse, é este da foto:
Despois fixen uns rolos cas pechughas fileteadas, metinlles unha loncha de queixo (semicurado cabuxa, ovella e vaca) e ensima os champiñóns, unha ves que estuveron un pouco fríos.
Finalmente, pa pechalas, metinlle uns palillos que lle imos quitar ó acabar de fretir.
Despois empanamos as pechughas con ovo e pan raiado, fretimos e listo.
Con que acompañalas? Pois co que queirades arrós, patacas fritas...

Onte pola tarde vin esta peli que está moi ben, e si vos recomendo, porque non vos vai faser sentir mal, é máis vaivos axudar a non vos sentir tan raros ós que vos encantan os peluches, muñecas, etc. , a aqueles que lle tendes cariño a unha simple cousa de tela ou de plástico, e xa tendes unha edá. (pensade hai moitos e viven entre nós , pelusín, o carateca...).

Aquí tendes de que vai , titúlase Lars and the real girl:



Bueno esto foi un pequeno resumen dos meus dous días entre pastillas e xarabe.

sábado, octubre 25, 2008

Tess of the D'Urbervilles

Hoxe escribo para recomendar que non vexades esta peli. Pa min foi terrorífica, dolorosisima, sangrante...
Por que?? Pois porque esperaba ver a típica novelita inglesa que tanto me ghusta e atopeime cunha peli en dúas partes que me deixou feita un trapo.
De que vai?? Pois da vida desta Tess, que as pasa "putas", é tal a anghustia que me fixo sentir e a pena que nin miña irmán vendo Big Foot. Bueno xa sabedes non a vexades senón queredes quedar sumid@s na máis absoluta .....
Tendes aquí un pequeno fragmento, pero nada que ver con toda a peli.
Creo que vai pasar a estar entre as miñas Drama Period favoritas.
Onde conseghila? Pois na mula como siempre, en inglés, claro. Aínda que non a entendades moito o arghumento e o que lle pasa falan por si solos.
Bueno a obra pertenese a Thomas Hardy, increíble que fora escrita por un home!
Sería unha desas pelis para comentar, así que si a vedes por favor comentademe que vos pareseu.


miércoles, octubre 22, 2008

A recortar!!


Como María me comentou hai algunhas semanas que lle encantan os paper models pa nenos, e p'os non tan nenos, decidín colgar algúns máis. Aquí tes algúns. So tes que pinchar sobre as imaxes e ala!, a recortar e a pegar con esa sobriña túa á que lle gustan tanto as manualidades.

A tortugha e estes outros pódelos atopar en Paper Box World.


Os meus nenos máis eu estamos preparando estes morcegos para o Halloween, a que son chulos?? E son moi simpliños de faser!!

domingo, octubre 19, 2008

A Pedra do Home


Esta entrada tería que ter xa sido publicada hai un par de semanas pero entre pitos e flautas, e o traballo aínda chegha ahora.
Bueno, pois aquí tendes alghunhas das fotos que fixen co meu supermóbil (por eso son de tan alta definisión) da chamada "Pedra do Home" en Portomouro (Val do Dubra), ou como lle chaman os lugareños "Pedra dos Mouros".
Un enterramento??? da etapa dos suevos (século V despois de Cristo) na que se poden ver na pedra a silueta dun home e a de un neno (0u polo tamaño eso é o que se pensa).
Estas atópanse nun alto dunha aldeiña pequena, ó pé dun pino manso, deses que tanto me ghustan a min.
Polo visto había máis tumbas antropomórficas no lugar pero foron destruidas mentras se facían unhas voladuras na zona.
Se queredes ler un pouquiño máis sobre o tema que foi o que fixen eu cando cheguei á casa facede click aquí: ler máis.



martes, septiembre 30, 2008

O ghato neghro

Unha das pelis que vos vou recomendar estes días e O gato negro de Lucio Fulci un maestro do gore, que tamén se veu atraído polo aspecto paranormal que rodea os ghatos desta cor. Eu realmente, amante dos ghatos, non creo que estes estean vinculados ou que traian a mala sorte como se suele pensar, e miña avoa é un claro exemplo. Como ela di o seu Pancho (ghataso holandés neghro donde os haxa) viaxou arredor duns 30 anos con eles en coche de Holanda a Ghalisia e ó revés. E tuveron a sorte que nunca sufriron percanse.
Como haberá quen nunca leu o conto de Poe, recoméndovolo, aquí o tendes en plan visual.



Pois volvendo a tema este director (boísimo pa min) ten pelis moi chulas, estas son alghunhas, bueno, p@s que o gore, terror... non vos vai, nada a ver unha de Cantinflas, pero p'@s outr@s: non probedes sorte nos videoclubs, descarghádeas na mula, vale a pena!!!





jueves, septiembre 18, 2008

Atonement

Antonte dediquei a tarde a ver unha peli, desas que soio baixar en versión orixinal: ATONEMENT. Esta tiña subtítulos o que fasilitou en ocasións entender o que desían.
Ghustoume, pero deixache como aghobiada, fastidiada ou non sei unha sensasión rara. Bueno, p'o meu ghusto a primeira parte da peli está ben, despois salta moito e vai demasiado rápida. Os actores pa min excelentes: Keira Knightley e James McAvoy.
Aquí podedes ver de que vai.

jueves, septiembre 11, 2008

Tendas





Hai tendas que máis que tendas son museos. Esta entrada está dedicada a tendas peculiares ou cun gran valor artístico ou histórico, que se acaban convertindo en visitas oblighadas e de interés cando un viaxa.

A primeira que vedes aquí é un estanco que está en Barcelona (Ronda de Sant Pau).

Desta creo que sobra desir que tipo de cousas imos encontrar dentro. (La Laguna, Santa Cruz)



Esta outra é unha tenda de comics en Bruselas.

E acabo cun acertixo como a min me ghusta, por favor que ninguén mire na web a solución: Que venden nesta curiosa tenda, de nome tamén peculiar??

lunes, septiembre 08, 2008

Paper Toys


Despois desta largha ausensia por vacasións, toca volver á rutina.
Teño que reconoser que este verán non me durou nada, claro!! é verdá, foi alghunha ves verán??
Bueno pois esta primeira entrada vai ser un pelín insulsa pa alghúns, pa outr@s seghuro que mona, e pa outr@s supón volver a ter algho de entretenemento...
Co título xa intuides de que vai, bueno, menos Mary, que "paper" si o entenderá pero o de "toys" xa se lle empesará a atraghantar, pero bueno conoséndoa dirá " Claro Ja esto va del Toys `R´ Us".
Son muñecos moi chulos que calquera pode faser solo ten que saber usar unha tixeira, peghamento e ser un bo doblador, como Bender.
Este poliño é p'os que non cumplides ningún dos requisitos anteriores. Como vedes está tirado.


Pero p'@s que xa se vos dá un pouquiño miñor teño estes outros, siempre llos podedes reghalar a alghén , pensade no mérito que é reghalar algho feito por un mismo.



Esta gárgola é unha das miñas favoritas.



Que por que se me dá por estes muñequiños de papel?? Pois porque os atopei buscando cousas p'a aula , como siempre. E mismo poden resultar útiles. Pensade nun conto dun pirata e en que os rapases podan diseñar o seu propio pirata...
Ou mismo contarlle o conto dos 3 porquiños cuns muñecos así.


Ou que podan faser adornos p'a navidá, pa decorar a aula e despois levalos p'a casa.


E p'@s que vos encantan as maquetas aquí podedes encontrar tamén entretenemento.


E p'@s loc@s pola tele, estes muñecos dos protaghonistas das series Dexter, Earl...




Xunto ca páxina de Canon, que vai hipervinculada na foto da casa de Santa Claus, esta outra páxina tamén vos pode ser útil, sobre todo p@s profes de inglés. Nela podedes descargar toda unha vila cas tendas super chusquiñas, alghunha delas incluso traen por detrás unha rhyme. Visitádea non ten desperdisio (bueno Mariña e Alex creo que xa a visitastes polo tanto podedes pasar):
http://www.meddybemps.com/Trains/village.html

Outra que ighual non vistes, non sei se vos dei a direcsión???, é esta: http://www.sasatoku.co.jp/hp/present/paper_craft/index.html

Como vedes podedes diseñar os personaxes dos contos e e danvos tamén os escenarios, está en xaponés, pero sempre se poden (antes de imprimir) retocar aquelas cousiñas que non queremos que aparesan como as letras en xaponés...

Espero que vos sexan de axuda, entretenemento ou de algho para o curso que empesa.

sábado, agosto 02, 2008

BBC

Unha das cousas que máis fagho cando estou aquí en Amsterdam é ver a tele británica. Teñen proghramas tan bos, ou que a min me ghustan tanto que non podo resistirme.
Programas que vexo:

Escape to the Country
Este é o meu favorito. Unha parella decide comprar unha casa no campo, primeiro vende a súa e despois búscanlle unha adecuada ó que poden invertir e na sona que eles elixen. Enséñanlle 3 casas e unha mistery house que suele ter un moi bo presio. As casas suelen ser chulísimas, con grandes xardíns, estanques e cunhas distribucións moi peculiares. En canto á decoración moi variopinta: con papel nas paredes, fireplaces, varias reception rooms... Que dá ghana de irse a vivir alá!

Cash in the Attic
Pois como o nome indica, un par de tasadores van á casa de alghén a buscar cousas que podan ser interesantes dende o punto de vista de antighüedades, coleccionismo... E dinlle máis ou menos que se as subastan vanlle dar tanto. Collen varias cousas, ex. uns cuadros, un reló, etc. E despois por fin vemos canto consighen por elas na puxa.

Homes Under the Hammer
Este programa empeza ca subasta dunha casa, que soe estar nun estado bastante malo. Tan pronto a compra a tele vai á casa filmaa e o comprador ou compradores din que reformas lle pensan faser. E finalmente enseñan como queda a vivenda.

Bueno e pa despedirme deixovos co anunsio da BBC das olimpiadas, cantos deportes identificades?? Encántame a música !

sábado, julio 26, 2008

Fieltromanía outra ves



Outra ves volvo a publicar unha entrada sobre creasións en fieltro, sei que a moit@s vos ghustan, e sobre todo son un entretenemento p@s que ides ter moitas horas libres neste mes de aghosto que estamos a punto de empesar. Se facedes click sobre esta foto d'arriba podedes visitar unha páxina na que podedes atopar diseños de todo tipo. A rapasa que os fai chámase Agustina e como podedes ler aquí na copia do seu perfil é Arxentina, pero vive en Salou:

Hola soy Agustina. Soy de Argentina y ahora vivo en Salou (tarragona). En mis ratos libres hago broches, pendientes y horquillas con fieltro, tela, hilos, botones y abalorios. Mis accesorios están cosidos a mano y basados en diseños propios. Si te interesan mis cositas puedes enviarme un email o visitar mi tienda online Artesanum o Dawanda. También puedes encontrarlos en "A Trapería" una casa de ropa original y second-hand de Santiago de Compostela, en la Rua Preguntoiro cerca de la plaza de Cervantes.

Estas son algunhas das súas creacións:

Nesta outra páxina que tamén podedes visitar a continuación tamén encontraredes moitos exemplos de complementos realisados en fieltro., solo tendes que pinchar na primeira foto.



Esta outra páxina catalana tamén está xenial:


Bueno, espero que vos gustaran os novos patróns que vos propoño pa esta temporada "verano-otoño" pero sobre todo pa que matedes o tempo cando non tendes millores plans.