viernes, noviembre 09, 2007

Muñecos


Hai culturas que cren en deuses que nos moven como se fósemos pequenos muñequiños, pequenas marionetas esperando as decións desas mans poderosas.
Pois é serto!!
Conseguín como Jack o dos feixóns máxicos subir ó faiado deste xigante e mirade o que encontrei: a todos estes personaxes. Sodes capases de identificar a todos???
Tendes que nombralos de esquerda a dereita.

Pero non acaba aquí a cousa, tamén atopei unha pequena caixa con varias muñecas co seu nome colgado na espalda: Mary por dios, Cris, Peggi, la Priti (Rita), Maruxa e Ester, podedes desir quen é quen?










miércoles, octubre 31, 2007

Hallooooweeeeen!!!



Aquí tendes un par de xoghiños relasionados co Halloween. O primeiro é moi simple solo tendes que diseñar as vosas propias calabasas e o segundo é outro escape pa que pasedes o rato (nos dous sentidos).


E deixovos cunha pequena pregunta que me plantexou hoxe un alumno, a ver quen se aproxima máis ó famoso personaxe que formulou estas palabras: "Nunca estudiaré derecho".
(Ollo, non foi Angueira) A miña resposta foi Carlos Sobera.

martes, octubre 30, 2007

Esquecidas

O domingo pola noite tivemos o honor de asister ó novo corto de Luqui, Esquecidas, que tuvo lugar no auditorio de Galicia.

O corto componse de varias historias protagonizadas por mulleres entrelazadas entre sí pola súa labor de coidadoras de fogar. É unha crítica ás condicións nas que se soen atopar, infrapagadas, sen contrato, con horarios excesivos...
As protagonistas son mulleres da rúa, non profesionais e conta co apoio de Xiara unha asociación daquí de Compostela que vela polos dereitos destas traballadoras.

O acto foi estupendo contou ca intervención de Xurxo Souto como amenizador e cas actuacións musicais de Kérkennai e Uxía.
Se tendes oportunidade ide a vela, creo que vai estar do 17 ó 20 na aula de cultura de Caixanova da Carreira do Conde en Santiago. É por unha boa causa!!

E pos que xa a vistes podedes deixar comentarios no blog de esquecidas.
FELISIDADES LUQUI!!!


E xa cambiando de tema, como sei que xa acabastes os escape que vos deixei, cólgovos outros pa novos pa que non vos aburrades.





E este fácil xoghiño é pas que non vos ghustan os escape, é algo así como 5 en línea, tes que ir eliminando os bichiños, movéndoos pa formar grupos como mínimo de cinco, perdes se se che enchen os recadros destes. Ademais este vaise complicando porque vai incorporando animais novos. Eso si, os bichiños sonche dos máis bonitiño.


E pa acabar : OLA REICHEL QUE SEI QUE TAMÉN NOS LES!!!

Deberías unirte á fiebre blogueira ou polo menos comentar, así non perdemos tanto o contacto.

viernes, octubre 26, 2007

Terror, terrror, terror!!!




Pasouvos algunha ves de intentar recordar algo e non había maneira??
Pois eu levaba uns cantos anos, non estou de coña, intentando recordar o título dunha peli, da que incluso tiña unha especie de recordatorios pa faselo, e resulta que nin recordaba a peli nin os recordatorios. Pois finalmente recordeina o mércores: PHENOMENA. Como podedes ver no trailer vai dunha rapasa que ten poder sobre os insectos e dunha serie de asesinatos que ocorren arredor dela.

E postos a baixar pelis frikis de "terror" en emule, fixen aínda máis memoria, e como internet todo lo puede, conseguín descubrir o título dunha peli que vin hai anos, bueno son 3.
Aquí tendes o trailer de Basket Case, que tamén é o título dunha conocidísima cansionsilla, bueno, Cris non sei se nasera daquela pero bueno, é unha desas cansións que son atemporales, deixoa tamén para que mellores o teu gusto musical e non nos aghobies con esas frikadas que che caracterizan!





The Omega Man e outra desas pelis, Chalton Geston é o xefe da resistencia dos últimos homes e mulleres sobre a terra, estes combaten contra unha especie de zombies que saen na oscuridade. Esta poderíase considerar pois a antecesora da serie "V" ou da tan actual Resident Evil, ou mesmo outra versión do libro Mecanoscrito da segunda orixe.



E pa aqueles como: Peggi, la Priti, Edu... Cos que é imposible poñer unha peli de medo, aínda que non dea medo ningún, deixovos cun episodio dunha serie pa nenos australiana que tamén está colgada no Martina's World, que ten que ver co voso caracter e cas paranoias que vos montades cando oídes un ruido na casa, e de paso mellorades o voso inghlis.



HAPPY HALLOWEEN!!!
ou o que é o mesmo FELIS SAMAIN!!!

lunes, octubre 22, 2007

Vivamos como galegos

Solo vin este vídeo (de momento) unha ves na tele, e ghustoume moito. Realmente reflexa o carácter e a forma de vivir dos galeg@s. Ollo fixádevos na traducción de pulpo á feira da pizarra contra o final do vídeo, é boísima.





E para o grupo de Crisis deixovos un novo escape, pero antes preséntovos un novo formato denominado: point and click, que soen ser aventuriñas que tendes que ir desenvolvendo para que se produza un feito, neste caso a que vos deixo é un pouco gore, pero bueno tendes que axudar ó alien a colonizar, ou máis ben empezar a colonizar a terra. (leva pouco tempo)




E para que non vos aburrades na vosa hora da siesta aquí tendes o prometido escape.

miércoles, octubre 17, 2007

O millor dos últimos 7 días

Foi unha semana (de mércores a mércores) moi completa.

Empecei cumplindo un ano máis, traballando un pouco máis...

Baixei os Andes



Empecei as miñas clases de aerobic...


Outros foron de tour en barco, colgo aquí unha foto túa das que me deixastes no portátil pa que non te sintas tan excluida cos xogos de EScape, vale Peggi??




E para min o millor da semana foi a intervención de Carod-Rovira onte pola noite nun programa de televisión. Recoméndovos que o vexades enteiriño que non ten desperdicio en especial para todos aqueles que non nos sentimos identificados con España porque nos exclúe con opinións e comportamentos como os que demostraron algúns dos invitados ó programa de onte.
Aí queda!



lunes, octubre 15, 2007

O test dos idiotas entre outros

Este test seguro que é conosido xa por moitos/as de vós, está bastante ben.

É un bo brain trainer, o merito é faselo á primeira non despois de tropesientos intentos cando xa intues que ven despois.
Aqueles/as que non soledes faser os xoghos de escapada fasede este, non leva tempo, solo tendes que faser o que vos mandan, vale Peggi, Maruxa, Rita...?

Outra curiosidade que atopei pola rede para todos amantes dos Simpsons e un Simpsomaker, aquí está o que fixen eu.




E por último para todos aqueles que algunha vez buscástedes a Wally, aquí tendes un parque de atraccións onde tendes que encontralo. A principios deste ano comprei un libro deste para usalo para quitar materiais para algunha que outra unidade didáctica. Solo tendes que facer click sobre as fotos para acceder a cada xogo como siempre.

Espero que vos guste!!


domingo, octubre 14, 2007

Cansionsillas

Aquí tendes unhas cantas cansionsillas, famosas moitas, acompañadas de imaxes creadas en flash. Algunhas delas con toque humorístico.
"Head and shoulders..." cantada por Bono, unha versión india dos Simpsons, etc.

Son desas cousas que un encontra na rede sin saber como.

Por serto, imaghinádevos o plan: navegando á deriva pola rede con Cuarto Milenio de fondo, que frikada!!!






jueves, octubre 11, 2007

Barman



Todos alghunha ves exersemos de barman/woman, en festas, traballando pa quitar algúns cartiños, ou mesmo nas nosas propias casas cando o día dunha festa alguén nos pide que lle preparemos un vermout.


Pois ben neste simple xogo tendes que demostrar as vosas dotes mezclando sabores, ollo o barman é moi exixente, ten que ser unha bebida que resulte agradable senón o homiño hasta pode morrer. Outro dato tendes que pulsar prolongadamente nos botóns d'abaixo pa verter o contido das botellas, axitar a coctelera...
A ver canto tarda en prepararlle a Peggi unha das súas caipiroskas?

E pos/pas que xa vos aburristes de darlle a coctelera deixovos con outro escape, esta ves ambientado no interior dun faro, xa sabedes que me encantan os faros, pois que millor ambientasión que nun dos lugares máis bucólicos e góticos do mundo.


Outra cousiña, cando ides á páxina do faro vaivos saír mentras carga un pequeno spot publicitario, que ninguén abandone que dura pouco!

lunes, octubre 08, 2007

Máis Escape





Non somos os que estamos nin estamos os que somos. Xa sei que hai un pequeno grupo en cuestión que está enganchado ás miñas escapadas.

Ola ás compañeiras de Cris, como sei que tendes o mono e nesesitades máis, pois non vos dou unha dosis senón 3.

Cando estudian os estudiantes? Se pasan todo o día conseguindo escapar dos meus xoguiños.
O primeiro é o máis sinxelo, faise nun plis plas, e o último é o máis longo pois hai que ir de cuarto en cuarto, saír ó xardín... Dos 3 o último foi o que máis disfrutei.

miércoles, octubre 03, 2007

Brain trainer




A memoria é realmente o saber, pois aquelo que non recordamos é porque realmente o ignoramos.
Non. Non me poño trascendental. Pensemos por exemplo nun exame: todo aquelo que non recordamos non o podemos escribir, polo tanto o/a profesor/a considera que non o sabemos.


Na actualidade por desghrasia unha das enfermidades máis frecuentes que veñen asociadas á edá ataca á nosa memoria. Que ironía!! Cando temos unha base de datos considerable, con coñecementos adquiridos, vivencias, recordos... Resulta que o ordenador empesa a quedarse colgado, primeiro esporádicamente e logo xa non ensende máis.


Aquí vos deixo cun pequeno xogho xaponés que espero vos sirva polo menos para evitar que o ordenador empese a colgharse.

jueves, septiembre 27, 2007

North and South

Sigo enganchada as novelitas inglesas, esta ves North and South, unha marabilla de serie feita para a tele que se emiteu no Reino Unido, dividida en 4 partes. Como siempre unhas paisaxes inmellorables e uns actores cautivadores. Recoméndovola. Tendes aquí un pequeno resumen desta, amenizado por Dido unha das miñas voces femeninas favoritas, xunto con Sade.

Se podedes descargádea, sempre e cando vos guste este xénero claro, non ten desperdicio!
Xa sei que polo título a moitos veuvos á mente o tan famoso "Norte y Sur" que emitiron hai uns cantos anos, pois esta non ten nada nada que ver.

Se queredes oíla sen interferencias da música que acompaña normalmente a este blog, baixade ó final da páxina e parade alí a reproducción do mesmo.

jueves, septiembre 20, 2007

Pride and Prejudice

A que dedico estes días? Pois a pasar a DVD os numerosos episodios de Postman Pat, Charlie and Lola... Gracias a fantástica páxina de softonic conseguín baixar un conversor de diferentes formatos a DVD, o que me axuda a convertir todos eses archivos de vídeo en inmortales DVDs.
Esto das novas tecnoloxías está ghenial!!!
A parte desto estou baixando todo o ciclo da BBC de Jane Austen: Northanger Abbey, Mansfield Park, Persuasion... Desde que vin Orgullo e Prexuicio decidín baixalas todas, moitas delas por episodios.
E mira ti que casualidá, que creo (ó millor equivócome) que unha profesora miña de filoloxía do departamento de inglés as está baixando tamén. Pois nunha das fontes do emule aparece unha tal Fra que me dá moito que pensar, ti que cres Alex??

A parte de ser novelitas sentimentales, con dialogos do máis enrevesado, as pelis teñen unha fotografía alucinante.

Deixovos ca escena clave de Orgullo e Prexuicio, se aínda non a vistes recoméndovola.
Douvos a oportunidade de oílos tamén en versión orixinal.




jueves, septiembre 13, 2007

Daymare Town



Este foi o segundo xogo que completei, bueno completamos entre Angueira máis eu.
Enganchounos tanto que estuvemos unhas cantas horas. É boísimo!!
Ollo! Leva máis tempo que o outro pero ten unhas imaxes e escenarios para min moito máis bonitas.
O obxectivo está en escapar desta cidade.

Unha pista: tendes que ver todos os paxarracos que veñen a ser unhas figuras un tanto raras, creo que son 10, xa non recordo fixémolo antes do verán.
Outra axudiña, recorrede sempre cada un dos escenarios co rato, as veces hai cousas que un se perde.
Paciencia, e Cris pa este tamén usa o teu equipo de asesores, pois se o da casiña che resultou difícil con este podes tolear.

lunes, septiembre 03, 2007

Xa volvo




















P.D. - Os que necesitades pistas sobre o xogo desídemo,
só tendes que desirme as pezas que tedes e eu díghovos
que ir fasendo, non quero que ninguén se traumatise
co xoghiño.
Recoméndovos ós que non o intentastes que o intentedes
síntese un moi realisado cando o consighe!

lunes, julio 23, 2007

Un reto


Ola, ola!

Como xa todos estades ocios@s, porque a maioría xa estades liberados dos vosos traballos, e como o bo tempo non nos quere deixar ir a praia, aí vai un dos meus comecocos, tendes que ir atopando cousas e usandoas "con cabesiña", se realmente atopades todo e o usades ben conseguiredes saír do voso encerro.

O xoghiño está moi ben!! Non mintades e comentade se tardastes moito en escapar, ou se non o conseghistes, sen mentir (vale Peggi)!! Supoño que Cris (Crisipedia, hai que espesificar pois tamén temos á Cris de Vigo) pa ti estará tirado.

Solo tendes que facer click sobre a foto.


martes, julio 10, 2007

Yatta, yatta

Pois como polo visto as entradas destes días teñen que ir sobre vídeos chorras, aquí tendes un que acabo de ver en "Se lo que hicisteis..."

Non alcansa ós de Cris e Angui, que os poñen porque lles molan non porque lles resulten frikis, pero bueno.

domingo, julio 01, 2007

DE PÉ


Imos empesar ca definisión de "pé":



Estructura biolóxica utilizada para a locomoción que se encontra en moitos animais. As súas características varían dun animal a outro.











Imos demostrar que hai toda unha cultura detrás dos pés, así que todos aqueles que tendes os pés grandes considerádevos afortunado non só por non ter que gastar en esquís senón tamén porque para moitos os pés son todo un símbolo.




Esta estatua de Budha por exemplo mostra uns pés inmensos que máis que peza artística son símbolo de adoración por multitude de fieis.





Pero tamén existen grandes obras artísticas onde o pé é o centro da composición, véxase esta estatua do pé de Constantino.












Moitos chegan a obsesionarse con esta parte do corpo, da que non existen dous iguais, de feito os pés máis parecidos soen sen simétricos.










Pa outros a estética dos pés é tan importante como a de calquera outra parte do corpo:












Algúns viven deles, e se estes fallan o mundo para eles derrúmbase:












Debemos ter en conta que hai como un gran empeño (ou conspiración) en obsesionarnos con eles, é unha palabra que probablemente teña un mensaxe oculto, porque os medios de comunicación, a publicidade... , entre outros tratan de nombralos alá onde imos:


"pie de foto", " estamos a 4000 pies", "cienpies"...


Pensade sólo por un momento na importancia que por exemplo a televisión lle dá, vemos numerosos anuncios relacionados cos pés: Peusek, plantillas... E pas mans por exemplo, primas destes e incluso moito máis televisivas nada.




Xa nas épocas de Verano Azul mandaban ás praias familias ficticias que probablemente pertenecían a algún tipo de oganización a recordarlle dita palabra á xente, con plans coma este:











Do cine xa non podemos nin falar, pensemos en títulos como:












E este adoctrinamento da cultura "PIE" ou pé xa se induce de forma incosciente nos nenos véxase este xelado, que é moito máis que un simple xelado:






Na nosa cultura de momento aínda non conseguiron o resultado axeitado, ou si??

Pero aínda non chegamos ós extremos de cultura nas que o tamaño do pé é importantísimo, ter un pé pequeno e símbolo de beleza, o que fai que moita xente sufra esta terrible obsesión e se benden os pés para evitar que estes medren (en plan bonsai va!).






E a propia natureza xa é modificada para que tamén presente este emblema e acade un efecto fulminante na mente humana:

Tras un análisis exhaustivo e indagación sobre o que probablemente se esconde detrás de todo esto descubrín o seguinte:



PIE
PARTIDO INDEPENDENTISTA ESPINETE
El mejor gobierno es el que desea hacer feliz al pueblo y sabe cómo lograrlo…
El PIE es un movimiento pacifista, igualitario y democrático que centra sus esfuerzos en la consecución de un mundo más justo, más equitativo en cuanto a oportunidades, y un sentimiento, en fin, que anhela echar por tierra aquella reflexión del fabulista latino Fedro según la cual “en un cambio de gobierno, el pobre rara vez cambia de otra cosa que del nombre de su amo”.
Conscientes de que “sin democracia, la libertad es una quimera” como dijera el ensayista y escritor mexicano Octavio Paz, iremos caminando por un duro sendero que habrá que desbrozar a medida que nos internemos en la ardua tarea de convivir en un mundo cada día mejor.
El PIE es un partido utópico que lucha por evitar que se destruya la democracia del pueblo pidiendo que la justicia no discrimine según la raza, el poder, el sexo, el dinero o la ideología de las personas, vigilando el respeto a los Derechos Humanos y defendiendo el derecho de las personas a la huelga, el trabajo, la cultura, la vida en paz y la alegría.
Todos juntos podemos intentar soñar un mundo más humano, darnos cuenta de la importancia de vivir en un planeta quizá único en millones y millones de galaxias que pueblan el universo (¿para qué entonces destruirlo y hacerlo irrespirable?). Estar junto a la gente, hablar con ella, defender los “staccattis”, las fiestas de San Juan y muchas más necesidades…
Esto non mo invento eu, aínda que o pareza podedes consultar tales datos en:


Pero esta extremidade ou terminación de extremidade xa conta con medicina propia que pode a través dos pés curar calquera tipo de dolencia.




Para rematar, o máis importante da entrada é a importancia que os pés teñen na nosa sociedade e a trama que tras eles se esconden, o importante é empezar con bo pé,


Pisando fuerte:

Porque, que casualidá, o fin siempre ven cos pés por diante.
Pa que non me despedir de forma tan macabra deixovos cunha canción que eu relaciono cos Pés: